Patrón

Etiquetas:
08/11/2023

Veciñas de A Lama, O Cadabal e Vilela organizan para o día 18 de novembro, sábado, varias actividades na honra de San Román nesa parroquia do concello de O Vicedo.

Ás 13:00 horas celebrarase unha misa cantada na igrexa de San Román do Val. A continuación haberá procesión e despois sesión vermú no chiringuito Area Grande, baixo carpa, amenizada polo grupo Intervalo, que tamén actuará na festa, que empezará á noitiña. 

O restaurante Area Grande e a asociación de veciños de San Román colaboran neste evento “con intención de promover a convivencia e a integración social de todos os veciños da parroquia nunha data tan sinalada”.

Etiquetas:
11/01/2023

A parroquia de Riobarba, no municipio de O Vicedo, celebrará a Festa do Patrón, San Pablo, o 21 de xaneiro, sábado.

Haberá misa ás 13:00 horas e sesión vermú a partir das 14:00 horas, que estará amenizada polo grupo Meritxell e repartiranse pinchos de lacón e empanada. Pola noite na verbena actuará o grupo Zafiro. E ademais sorteáranse dúas cestas.

 

Etiquetas:
08/09/2016
O 26 de setembro haberá unha xornada de festa en San Ciprián na honra do seu patrón. Organiza a asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello de Cervo.
 
San Ciprián acollerá unha xornada de festa na honra do seu patrón o día 26 deste mes, luns. Está organizada pola asociación Terra-Mar coa colaboración do Concello, que sempre está aberto a axudar a todos os colectivos do municipio.
 
O cartel do festexo na honra de San Ciprián, o patrón desta localidade, foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, a concelleira Pilar Armada e dous directivos da asociación Terra-Mar.
 
Os actos do día 26 comezarán ás 13 horas cunha misa cantada pola coral Terramar na capela de San Ciprián, ás 14:30 empezará un xantar nunha carpa que estará instalada na Praza dos Campos e a partir das 17:30 haberá baile amenizado por un...
leer más