Cans
O concello de Cervo converterase nun punto de encontro dos amantes dos cans de raza boxer coa celebración este domingo, día 15 de xuño, da XVIII Monográfica Rexional de Galicia de Boxer.
A cita foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés; o edil de Deportes, David Rodríguez; e polo delegado de Boxer Club España en Galicia, Iván García, acompañado por un dos seus cans de raza boxer no Conxunto Histórico Artístico de Sargadelos, que será o escenario do evento, que “a día de hoxe xa conta con máis de trinta exemplares inscritos”, anuncia o Concello de Cervo, que explica: “a exposición morfolóxica concentrarase na xornada do domingo a partir das 10:00 horas e reunirá a criadores, afeccionados e exemplares destacados de toda a rexión e do resto do estado, converténdose nun escaparate do mellor da cría desta emblemática raza”.
... leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este domingo, 2 de maio, a actuación de Talía Teatro que chega con Vida de cans. A representación terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas. O prezo da entrada xeral é de 4 euros e 3€ para estudantes, desempregad@s e xubilad@s.
Trátase dun espectáculo escrito e dirixido por Cándido Pazó, con Dani Trillo, Toño Casais e Artur Trillo nunha alegoría canina en cinco ladridos escénicos representada por un dálmata novo e ben educado, un vello e sabio setter e un cruce fillo da diversidade.
ACIA/CCA de Foz, o Concello e a súa Delegación de Medio Ambiente, Clínica Veterinaria Foz, Fauna e a protectora de animais focense organizarán a 1ª Feira Foz Canina. Xa comezaron as xuntanzas de traballo para levar a cabo este evento.
As datas que se barallan son as do 13 e 14 de outubro. Desde a directiva do Centro Comercial Aberto subliñan que “estamos iniciando os contactos e o traballo para facer unha programación atractiva na que estarán implicadas as propias clínicas, a protectora, os provedores, etc…”.
Neste evento, que se vai denominar 1ª Feira Foz Canina “haberá concursos, programas, conferencias, campañas de concienciación. Todo o que rodea ao mundo do can, ao mundo das nosas mascotas, estará presente nesta feira”.