ventas
05/10/2025
A Casa da Cultura da Pontenova acollerá unha charla sobre como vender a través de WhatsApp. Será o día 7 de outubro, martes, de 19:00 a 21:00 horas.
O Concello da Pontenova anuncia: “atención emprendedores e autónomos da Pontenova! Queres aprender a vender de maneira doada, rápida e segura a través de WhatsApp? Convidámoste á charla de balde Vender a través de WhatsApp seguro, onde descubrirás como aproveitar esta ferramenta para facer medrar o teu negocio sen riscos. Non perdas esta oportunidade para impulsar as túas vendas e protexer o teu emprendemento. Charla gratuíta organizada polo GDR3. Non perdas esta oportunidade!”