Xira

Etiquetas:
15/08/2025

A Xira de Portochao, en Viveiro, celebrarase este domingo, día 17 de agosto.

Está organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, que anuncia que ás 10:00 horas será a quedada na rampla do pavillón para a subida en kaiak, para a cal as prazas están esgotadas. Para as 11:30 horas está prevista a chegada dos kaiaks e para darlle ritmo á mañá haberá música co grupo local Espera que vou mexar. De 13:00 a 14:45 horas terá lugar unha sesión vermú co grupo Brassica Rapa Brass Band e despois comezará un xantar popular.  “Levaremos bebida para que non pasedes sede, pero a comida é cousa vosa. Traede o voso ecovaso ou facédevos co do colectivo Pensamento e Sementeira”, explica a organización. E ás 16:00 horas haberá xogos populares e sorteos ata as 18:00.

 

Etiquetas:
08/08/2025

A Cadeira, en Trabada, acollerá este sábado 9 de agosto a súa tradicional Xira na honra a San Marcos, “unha cita consolidada no calendario estival do municipio que este ano cumpre a súa vixésimo segunda edición”, anuncia o Concello de Trabada, que explica: “a xornada festiva dará comezo ás 13:30 horas coa procesión en honra ao santo. A continuación terá lugar unha animada sesión vermú amenizada por SP The Sound Project, que se prolongará ata que o corpo aguante. Ás 15:00 horas as persoas asistentes poderán desfrutar dunha degustación gratuíta de xamón cocido e empanada na cantina, incluída coas consumicións. Pola tarde os máis pequenos serán os protagonistas, con inchables gratuítos para desfrutar en familia. A festa culminará coa verbena nocturna, tamén a cargo de The Sound Project, nun ambiente de convivencia, música e diversión para todos os públicos”.

... leer más
Etiquetas:
31/07/2025

Todo está listo en Ribadeo para a celebración da Xira de Santa Cruz, Festa de Interese Turístico Galego, que terá lugar este domingo, día 3 de agosto.

O alcalde ribadense, Dani Vega, anuncia: “chegou a Xira de Santa Cruz, unha celebración onde se quere enxalzar a música tradicional, a gaita e a todas as persoas que levan defendendo a música tradicional e que chegara a todos os sitios, e desde logo a Xira, que leva moitos anos celebrándose, grazas a Amigos da Gaita, grazas a ese traballo intenso que constantemente realizan”.

O rexedor cre que “Ribadeo pode presumir de ter unha celebración que homenaxea, evidentemente, á música tradicional e tamén ao gaiteiro de Santa Cruz, a ese gaiteiro que foi feito por Faílde, deseñado por Faílde, ese escultor ourensán. Eu creo que poñer en valor a Xira de Santa Cruz, que dende...

leer más
Etiquetas:
03/10/2024

Carlos Blanco e Xosé Antonio Touriñán están de volta cun novo espectáculo de Somos Criminais, o proxecto máis exitoso dos últimos tempos do teatro galego. Os dous humoristas regresan con esta nova entrega na que poñerán punto e final á súa particular busca do que nos fai ser criminais. 

Dirixida por Tito Asorey e con textos de José Prieto, Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán, en Somos Criminais e punto final os dous cómicos están ao mando dunha misión espacial moi particular: Falta pouco máis dunha hora para a fin do mundo. En Galicia, unha nave, a Arteixo II, está a piques de despegar cuns poucos elixidos a bordo en dirección a un planeta onde empezarán unha nova vida. Os capitáns da nave, Carlos Blanco e Touriñán, son os encargados de que a evacuación se leve a cabo con éxito e de meter nesta Arca de Noé galega todo o noso patrimonio humano...

leer más
Etiquetas:
04/08/2024

O colectivo Pensamento e Sementeira recupera a Xira de Viveiro a Portochao, que se celebrará o día 17 de agosto, sábado.

“Unha das nosas liñas de actuación é recuperar tradicións, festas e acontecementos esquecidos do noso concello. É un pracer anunciarvos que recuperamos a Xira de Viveiro a Portochao! Será o vindeiro 17 de agosto, así que gardade o día nas vosas axendas. Haberá dúas modalidades de participación: a través dunha andaina de balde duns 3,5 quilómetros aproximadamente pola beira do río Landro (percorreremos o camiño das Aceas e o paseo fluvial). A saída será dende o aparcadoiro da variante ás 13:00.  A outra opción é a través dunha ruta en kaiak. Os kaiaks son biplaza e poderán participar menores a partir dos 6 anos, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable A saída realizarase dende a rampla do pavillón...

leer más
Etiquetas:
31/07/2024

Todo está listo para a celebración da Xira de Santa Cruz o vindeiro domingo, 4 de agosto. Esta festa de interese turístico de Galicia foi presentada esta mañá a carón do monumento ao Gaiteiro. O Concello porá en marcha, por segundo ano, o Xirabús para facilitar a subida de xeito seguro e sostible. 

A presidenta da asociación Amigos da Gaita Galega, Noelia García, declarou: “xa chega a Xira e dende a directiva de Amigos da Gaita animámosvos a todos a subir e pasar unha boa xornada con nós: comendo, bailando e disfrutando”.

A concelleira de Turismo, Marta Saiz, tivo palabras de agradecemento para Amigos da Gaita: “agradecerlle á asociación Amigos da Gaita, á que ademais téñolle un cariño especial posto que pertencín á directiva durante moitos anos. Así que un ano máis chega a Xira e hai que animar a esta xentiña...

leer más
Etiquetas:
30/07/2024

A concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, explica que “Preto de Ti se va de Xira este año. Todas las parroquias celebraremos juntas este domingo tan especial: degustaremos una sabrosa comida, charlaremos, reiremos,… Y todo ello acompañado de un fondo musical imprescindible en este día, el de la gaita y las actuaciones que allí se llevarán a cabo”.

A edil ribadense anuncia que “para acercarnos al monte de Santa Cruz contaremos, como ya fue el caso en la fiesta de As Cruces, de un autobús que irá parando en cada parroquia. La subida la tenemos prevista para la una de la tarde. Y la comida de fraternidad para las 14:30 horas. A través del grupo de whatsapp de Preto de Ti y de las redes sociales del Concello de Ribadeo les informaremos a lo largo de los próximos días de los horarios del servicio de bus”.

Elena...

leer más
Etiquetas:
24/07/2024

O programa da Xira de Santa Cruz, en Ribadeo, que organiza a asociación Amigos da Gaita Galega e é festa de interese turístico de Galicia, inclúe actividades para os días 3 e 4 de agosto, sábado e domingo.

As actividades empezarán o sábado 3 ás 20:00 horas no Cine Teatro co pregón a cargo da familia Mon e de seguido actuarán os grupos das escolas da asociación Amigos da Gaita Galega.

E o domingo 4 de agosto na vila ribadense ás 12:00 horas haberá pasacalles a cargo de AC Ponte da Pedra, O Arco da Vella e CC A Ponte Vella e actuación dos grupos das escolas de Amigos da Gaita no Cantón dos Moreno. Despois farase a subida ao monte Santa Cruz, onde haberá xantar tradicional, música e baile. Ás 19:00 horas farase unha ofrenda floral no monumento ao gaiteiro e ás 19:30 haberá concertos de Fransy González, Davide Salvado...

leer más
Etiquetas:
26/07/2023

As concelleiras de Cultura e Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, amosan o apoio do Concello á nova edición da Xira de Santa Cruz, que terá lugar o vindeiro 6 de agosto. A festa, de interese turístico galego, está organizada pola asociación Amigos da Gaita. 

Os actos dan comezo o sábado, día 5, ás 19.30 horas cun pasarrúas a cargo de Amigos da Gaita e seguirá co pregón de Felipe Rea Otero e coas actuacións das escolas. O día grande será o domingo, xornada na que haberá diferentes actuacións musicais a partir das 12 horas como o grupo Donaire, no monte de Santa Cruz, e Recuncheiros e Axeiros no Cantón dos Moreno. Seguidamente, terá lugar a subida ao monte e o tradicional xantar. 

Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura, manifestou que “a Área de Cultura do Concello de Ribadeo convida a todo o mundo á edición...

leer más
Etiquetas:
18/04/2023

Este próximo sábado, 22 de abril, Roi Casal, estreará a súa nova xira #AmbosMundos no municipio de Cervo.

Será cun concerto gratuíto na Praza dos Campos, de San Ciprián, que dará comezo  ás 22:30 horas.