
A Xira de Portochao, en Viveiro, celebrarase este domingo, día 17 de agosto.
Está organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, que anuncia que ás 10:00 horas será a quedada na rampla do pavillón para a subida en kaiak, para a cal as prazas están esgotadas. Para as 11:30 horas está prevista a chegada dos kaiaks e para darlle ritmo á mañá haberá música co grupo local Espera que vou mexar. De 13:00 a 14:45 horas terá lugar unha sesión vermú co grupo Brassica Rapa Brass Band e despois comezará un xantar popular. “Levaremos bebida para que non pasedes sede, pero a comida é cousa vosa. Traede o voso ecovaso ou facédevos co do colectivo Pensamento e Sementeira”, explica a organización. E ás 16:00 horas haberá xogos populares e sorteos ata as 18:00.