Portochao
A Xira Viveiro- Portochao celebrarase o día 17 de agosto, luns.
Está organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, que explica: “hai tradicións que merecen seguir vivas, mesmo cando as circunstancias non o poñen doado. Durante décadas a Xira foi unha das citas máis singulares do verán en Viveiro: unha festa popular que levaba a veciñanza a remontar o río ata Portochao. Nos últimos anos, adaptamos esa tradición coa subida en kaiak, tratando de recuperar unha celebración que formou parte da mocidade das nosas avoas e avós. Este ano, porén, tócanos navegar contra vento e marea. A marea coincide baixando e o estado actual da ría e do río, sen o mantemento e dragado necesarios, fan imposible remontalo con seguridade. Ademais a andaina ata Portochao que tiñamos prevista e comunicada ao Concello tampouco poderá celebrarse xa que nestas datas...
leer másA Xira de Portochao, en Viveiro, celebrarase este domingo, día 17 de agosto.
Está organizada polo Colectivo Pensamento e Sementeira, que anuncia que ás 10:00 horas será a quedada na rampla do pavillón para a subida en kaiak, para a cal as prazas están esgotadas. Para as 11:30 horas está prevista a chegada dos kaiaks e para darlle ritmo á mañá haberá música co grupo local Espera que vou mexar. De 13:00 a 14:45 horas terá lugar unha sesión vermú co grupo Brassica Rapa Brass Band e despois comezará un xantar popular. “Levaremos bebida para que non pasedes sede, pero a comida é cousa vosa. Traede o voso ecovaso ou facédevos co do colectivo Pensamento e Sementeira”, explica a organización. E ás 16:00 horas haberá xogos populares e sorteos ata as 18:00.
O colectivo Pensamento e Sementeira recupera a Xira de Viveiro a Portochao, que se celebrará o día 17 de agosto, sábado.
“Unha das nosas liñas de actuación é recuperar tradicións, festas e acontecementos esquecidos do noso concello. É un pracer anunciarvos que recuperamos a Xira de Viveiro a Portochao! Será o vindeiro 17 de agosto, así que gardade o día nas vosas axendas. Haberá dúas modalidades de participación: a través dunha andaina de balde duns 3,5 quilómetros aproximadamente pola beira do río Landro (percorreremos o camiño das Aceas e o paseo fluvial). A saída será dende o aparcadoiro da variante ás 13:00. A outra opción é a través dunha ruta en kaiak. Os kaiaks son biplaza e poderán participar menores a partir dos 6 anos, que deberán ir acompañados dunha persoa adulta responsable A saída realizarase dende a rampla do pavillón...
leer más





