Patroa
A vila de Ribadeo acollerá do 29 de agosto ao 8 de setembro as súas Festas Patronais 2025, once días cheos de música, tradición, deporte e actividades para todas as idades.
O venres 29 de agosto abrirase o programa ás 20:30 horas co pregón a cargo de Pepe Rodil, presentado por Daniel Gayoso, acompañado polo pasarrúas da Sorcha Showband unha hora antes. Xa pola noite, o público poderá gozar dunha festa musical con DJ Manu Méndez, TheSound Project e Litainer a partir das 23:30horas.
O sábado 30 será a quenda do Mercadillo na Praza de Abastos de 12:00 a 18:00 horas e da 3ª edición do Xara Fest, no porto deportivo, con artistas como C. Marí, Lua de Santana, L’Haíne, 9Louro, Betty Bunny, Wachu e Baby Romeo. A apertura de portas será ás 20:00 horas.
O domingo 31 celebrarase o tradicional Día da...
leer másRibadeo prepárase para celebrar as súas Patronais 2024 cunha ampla variedade de actividades e eventos para todos os públicos.
O venres, 30 de agosto, Día do Pregón, ás 20:30 horas no Cine Teatro, a ribadense e ex-alcaldesa de Alicante, Sonia Castedo, será a encargada de dar o pregón. Na cita actuará a Coral Polifónica de Ribadeo. A continuación ás 21:30 horas haberá un pasarrúas a cargo de Tamega.
O sábado, 31 de agosto, a festa continuará coa Noite de DJs a partir das 23:30 horas, na que actuarán Alejandro Martínez, Litainer e The Sound Project.
O domingo, 1 de setembro, será o Día da Bicicleta, coa concentración ás 10:30 horas e a saída ás 11:00 desde a Casa do Concello. Ás 13:00 horas, as rúas do pobo encheranse de música coa sesión vermú a cargo dos Pandereteiros do Inferno. Pola...
leer másA concelleira de Cultura, Pilar Otero, lembrou que neste 2020 non haberá festas patronais ao uso, pero si están programados algúns actos como a actuación da Banda Municipal de Música, ás oito desta tarde, no campo de fútbol do Gregorio Sanz. Ademais o 8 de setembro ás 11:30 horas sairán os Cocos polas rúas da vila, acompañados dos grupos de música de Amigos de Gaita e Illa Pancha e na misa da patroa actuará a Coral Polifónica de Ribadeo.
A edil declarou que “como todos nestes tempos o Día da Patroa vai ser un día moi atípico. Porén temos dito varias veces ao longo destes meses que a cultura non pode parar, que se viu o ben que nos veu o lecer cultural en tempos de confinamento, e é máis atrévome a dicir que agora mesmo os eventos culturais están a ser dos actos sociais máis seguros, grazas a que se toman as medidas precisas e as persoas...
leer más