Castro de Viladonga

10/06/2015
As II Xornadas sobre Conservación en Castros do Noroeste Peninsular analizarán os do Occidente de Asturias, de León, da Coruña e de Portugal. Será os días 12, 13 e 15 de xuño.
 
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria  organiza esta fin de semana en Lugo as II Xornadas sobre a conservación en castros do Noroeste peninsular, que reunirán a arredor dun centenar de arqueólogos, restauradores,  investigadores e estudantes da materia.
 
O Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga programou esta iniciativa como complemento ás obras de acondicionamento e consolidación arqueolóxica que a consellería  está a desenvolver nese xacemento, traballos nos que inviste 72.000 euros. Deste xeito, aprovéitase unha intervención que está en marcha como escusa e como marco para analizar o estado actual e as perspectivas de futuro dos proxectos de investigación e recuperación dos castros.   
... leer más