Supercopa

Etiquetas:
25/01/2023

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, anima a asistir á charla sobre o fútbol sala feminino, que terá lugar o 27 de xaneiro, en Burela. Será ás seis da tarde no auditorio. A actividade enmárcase na Supercopa de España que se celebrará durante a fin de semana na vila. 

O edil burelés anima “a todas as asociacións deportivas e culturais, a todos os colectivos de Burela e da comarca que sexan amantes do deporte, e mais concretamente do fútbol sala, a asistir a esta charla-coloquio na que serán protagonistas as xogadoras dos clubs que participan na Supercopa de España”. 

Ramiro Fernández subliña “a importancia que ten para Burela a celebración da Supercopa de España de fútbol sala feminino, que nos volve poñer no mapa e que suporá unha fin de semana importante para o sector hostaleiro da nosa vila polos equipos...

leer más
07/12/2022

O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández Rey, fai unha valoración moi positiva da elección de Burela como sede da Supercopa de España de fútbol sala feminino, que terá lugar os días 28 e 29 de xaneiro de 2023. Para o edil esta decisión da Federación Española de Fútbol ven recoñecer o traballo realizado polo club e polo Concello e considera que terá unha repercusión importante no comercio e na hostalería de Burela e tamén noutros puntos da Mariña.

Fernández Rey explicou que “antonte recibimos a noticia desde a Federación Española de Fútbol de que vamos ter a posibilidade de acoller aquí a Supercopa de España feminina. É algo que vén recoñecer todas as actividades que levamos feito aquí e as competicións que levamos organizadas coa Federación Española de Fútbol, que xa foron varias, e vén referendar que a Federación aposta por Burela unha...

leer más
Etiquetas:
08/01/2021

O salón de plenos do Concello acolleu este venres a presentación da Supercopa de España de Fútbol Sala Feminino, que se disputará mañá na localidade no pavillón Vista Alegre. O Burela Pescados Rubén medirase ao Poio Pescamar ás 12 do mediodía. Un total de 200 persoas poderán ver en vivo o encontro. As entradas poranse á venda na billeteira do pavillón a partires das nove da mañá ao prezo de 5 euros no fondo e de 8 euros nas gradas laterais. Os afeccionados que non se fagan con esas entradas poderán ver o partido pola televisión, xa que será retransmitido por Teledeporte. 

Desde o Concello indicaron que “se seguirán todos os protocolos marcados polas autoridades sanitarias por mor da pandemia do covid 19”.  

E subliñaron “a repercusión a nivel nacional que ten este evento deportivo. É moi importante para a imaxe do...

leer más
23/12/2020

Burela acollerá a Supercopa de España de fútbol sala feminino o vindeiro 9 de xaneiro de 2021. O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, asegurou que é un motivo de orgullo seguir organizando eventos deste tipo pola proxección que supoñen para o municipio e pola repercusión que terá na hostalería e no comercio locais. 

O edil burelés contou que “desde a Delegación de Deportes do Concello de Burela queremos anunciar que hai unha semanas tanto a Federación Galega de Fútbol Sala como o propio club, Burela Fútbol Sala, se puxeron en contacto con nós para ver a posibilidade de organizar aquí a Supercopa de España de fútbol sala feminino. E desde o primeiro momento tivemos interese en que viñera para aquí esa Supercopa de España porque estas guerreiras que temos merecen que se fagan todos os esforzos posibles para que elas poidan xogar diante...

leer más