Fútbol Sala
El Torneo Burela Bonita será el partido de presentación a la afición del equipo masculino del Burela FS, encuentro contra el Kuwait FA que se jugará este miércoles, día 3 de septiembre, a las 20:30 horas en el pabellón Vista Alegre con entrada gratuita.
Este lunes frente a la playa urbana de Burela se celebró un acto para presentar el encuentro, al que acudieron por parte del Concello de Burela el concejal de Deportes, Carlos Méndez; el concejal de Turismo, Ramiro Fernández, así como el teniente de alcaldesa, Mario Pillado. Representando al club visitante, el Kuwait FA, participaron el entrenador ferrolano Bruno García acompañado por personal del cuerpo técnico del club kuwaití. Por parte del CD Burela FS acudieron a la cita el presidente José Luis Sáez y los directivos Marcelino Luna y Juan López, además del entrenador David Rial, el...
leer másA Xunta de Galicia patrocina o Trofeo Burela Turismo de Galicia, que este xoves, día 28 de agosto, enfrontará ao Burela Fútbol Sala feminino e o 5 Coruña FS no pavillón de Vista Alegre, a partir das 20.00 horas. O encontro servirá como presentación oficial do equipo diante da súa afección antes do comezo da nova tempada, previsto para o 6 de setembro.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na presentación do partido, nun acto que se desenvolveu no porto de Burela e no que tamén estiveron o presidente do CD Burela FS, José Luis Sáez; a adestradora do equipo feminino, Belén Feal; e unha representación do plantel de xogadoras.
Arias detallou que a Administración autonómica “destina 20.000 euros a través da Axencia de Turismo de Galicia a patrocinar en exclusiva este partido, que terá entrada...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo patrocina a VI Copa Deputación de Fútbol Sala, na que participarán 41 equipos de 3ª División Nacional Masculina, Preferente Masculina, 1ª e 2ª Autonómica Masculina, Preferente Feminina e 1ª Autonómica Feminina e que se disputará entre o 30 de agosto e o 2 de novembro.
O sorteo dos emparellamentos celebrouse este martes no Pazo de San Marcos , coa presenza de representantes dos clubs participantes e da Federación Galega de Fútbol en Lugo -Pablo Prieto, presidente, Carlos Méndez, vicepresidente, e Iván Pico, responsable de fútbol sala da Federación na provincia de Lugo- , que sinalaron que a provincia de Lugo é a única que conta con esta competición, equiparando o fútbol sala ao fútbol campo.
A Vicepresidencia da Deputación financia a Copa, cunha achega de 22.830 euros que...
leer másO Pazo de San Marcos, en Lugo, acolleu este mércores a presentación da XII edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros, José Antonio Villamor e Javier López. O torneo, organizado pola Fundación Imdecum coa apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, celebrarase do 20 ao 24 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida “que estende pola comarca o seu impacto social e económico, ademais de reforzar a proxección do Burela FS como referente deportivo”, explica a Vicepresidencia da Deputación.
O torneo contará con máis de 1.000...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “os dous pavillóns, o de Alfredo Deaño e o da Avenida de Luarca, serán escenario o vindeiro domingo das finais provinciais de fútbol sala nas categorías infantil, alevín e benxamín, nas que participarán arredor de 200 futbolistas”.
O edil ribadense comentou que “os partidos darán comezo ás 10 da mañá e a xornada rematará coa cerimonia de entrega de premios prevista para as oito da tarde”.
Silvent subliñou que “será unha grande xornada para o deporte provincial e para Ribadeo xa que, un domingo máis, un evento destas características contribuirá a dinamizar a economía local e servirá para dar a coñecer as nosas potencialidades turísticas”.
Na presentación das finais provinciais de fútbol sala participaron o alcalde, Dani Vega,...
leer másO Concello de Viveiro patrocina o partido amigable de fútbol sala feminino sub-19 que se disputará entre España e Finlandia o día 2 de abril, mércores, ás 20:00 horas no pavillón municipal viveirense.
A alcaldesa, Mariña Gueimunde, participou na presentación deste evento xunto ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e o presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Julio Mougan.
A rexedora destaca: “é unha honra para nós patrocinar este partido, que converterá á nosa vila no epicentro do fútbol sala feminino. Ademais a entrada e gratuíta, polo que toda a veciñanza poderá desfrutar del sen impedimento”.
O Concello de Viveiro explica que o patrocinio aprobado ten un importe de 2.000 euros máis IVE e servirá para sufragar gastos de publicidade, catering, avituallamento...
leer másO Pazo de San Marcos, sede da Deputación de Lugo, acolleu este luns a presentación da XI edición do torneo de fútbol sala base Heroes do Orzán, que reunirá na Mariña equipos de base en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar a un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros. O torneo celebrarase do 21 ao 25 de xuño en pavillóns de Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida que busca lembrar a Rodrigo Maseda Lozano, así como estender pola comarca a práctica deportiva á vez que impulsa a economía grazas á chegada de acompañantes das xogadoras e xogadores.
O Vicepresidente da Deputación e deputado de Deportes, Efrén Castro, estivo acompañado de Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda Lozano; o ...
leer másO vindeiro sábado, 20 de abril, os pavillóns de Ribadeo acollerán as finais provinciais de fútbol sala do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte.
Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes, contou que “a xornada arrincará no pavillón grande (da Avenida de Luarca) ás 10 da mañá, onde se disputarán 4 semifinais. Para as 14:00 horas está previsto o xantar. E xa pola tarde a partir das 16:00 horas terán lugar as finais e o partido para decidir o 3º e o 4º posto. No pavillón pequeno (situado na rúa Alfredo Deaño) haberá varios partidos entre as dez da mañá e as catro da tarde”.
O edil ribadense explicou que “a cerimonia de entrega de premios terá lugar ás 20:00 horas no pavillón da Avenida de Luarca. En total daranse cita en Ribadeo 160 xogadores de oito equipos procedentes de Guitiriz, Burela,...
leer másO Concello de Cervo vén de subscribir un convenio de colaboración co Burela Fútbol Sala co obxectivo de promocionar as instalacións municipais e de fomentar a práctica deste deporte e os hábitos de vida saudables entre a mocidade do municipio.
No sinatura participaron a rexedora, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros Adrián Arias e Alfredo Fernández, e o presidente do Burela FS, Manuel Blanco.
O documento contempla a visita dos membros do primeiro equipo do Burela FS masculino e feminino aos centros escolares do municipio, que participarán ao longo do curso, e sempre que os seus compromisos de competición llo permitan, en diferentes charlas e seminarios co fin de compartir cos nenos e nenas as súas experiencias como profesionais da elite neste deporte, e súa realidade diaria, fomentando tamén unha...
leer másO Concello de Burela realizou a presentación oficial da Fase Previa dos Campionatos de España de Seleccións autonómicas de Fútbol Sala sub19 e sub16 masculinas.
O acto tivo lugar na pista de xogo oficial da Real Federación Española de Fútbol, instalada no Pavillón de Vista Alegre. Participaron nel por parte do Goberno local Carmela López, alcaldesa de Burela, e Carlos Méndez “Madar”, concelleiro de Deportes. Por parte da Real Federación Galega de Fútbol estivo o seu vicepresidente Pablo Prieto.
Todas as partes destacaron a importancia de que Burela sexa o epicentro do fútbol sala nacional e internacional durante dúas semanas, albergando 3 grandes eventos como son o FutsalWEC 2023, a formación II Xornadas de Actualización e Reciclaxe e mais esta fase previa.
Burela será, xunto con Viveiro, unha das sedes...
leer más