Finais
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “os dous pavillóns, o de Alfredo Deaño e o da Avenida de Luarca, serán escenario o vindeiro domingo das finais provinciais de fútbol sala nas categorías infantil, alevín e benxamín, nas que participarán arredor de 200 futbolistas”.
O edil ribadense comentou que “os partidos darán comezo ás 10 da mañá e a xornada rematará coa cerimonia de entrega de premios prevista para as oito da tarde”.
Silvent subliñou que “será unha grande xornada para o deporte provincial e para Ribadeo xa que, un domingo máis, un evento destas características contribuirá a dinamizar a economía local e servirá para dar a coñecer as nosas potencialidades turísticas”.
Na presentación das finais provinciais de fútbol sala participaron o alcalde, Dani Vega,...
leer másO vindeiro sábado, 20 de abril, os pavillóns de Ribadeo acollerán as finais provinciais de fútbol sala do programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte.
Francisco José Silvent, concelleiro de Deportes, contou que “a xornada arrincará no pavillón grande (da Avenida de Luarca) ás 10 da mañá, onde se disputarán 4 semifinais. Para as 14:00 horas está previsto o xantar. E xa pola tarde a partir das 16:00 horas terán lugar as finais e o partido para decidir o 3º e o 4º posto. No pavillón pequeno (situado na rúa Alfredo Deaño) haberá varios partidos entre as dez da mañá e as catro da tarde”.
O edil ribadense explicou que “a cerimonia de entrega de premios terá lugar ás 20:00 horas no pavillón da Avenida de Luarca. En total daranse cita en Ribadeo 160 xogadores de oito equipos procedentes de Guitiriz, Burela,...
leer más