amigable

Etiquetas:
23/07/2025

O Concello de Viveiro anuncia que o Estadio Municipal de Cantarrana acolleu a presentación oficial do partido amigable que enfrontará este sábado, día 26 de xullo, ao Combinado da Mariña Lucense co Club Deportivo Lugo, “unha cita deportiva que aspira a converterse nunha auténtica festa do fútbol na comarca”.

O acto contou coa presenza da alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde; o presidente do Viveiro Club de Fútbol, Luis del Río; e o presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, quen quixeron poñer en valor a colaboración entre institucións, o apoio ao deporte local e o potencial do turismo deportivo.

...

leer más