Carlos Blanco
O actor e humorista Carlos Blanco levará o seu espectáculo A penúltima á Casa da Cultura de Burela o venres 27 de marzo ás 21:00 horas.
O Concello de Burela explica que A penúltima “é unha proposta na que o artista presenta imaxes e historias, combinando contidos novos con outros xa coñecidos, mantendo o humor como eixo principal. A función está dirixida a público maior de 14 anos. O prezo da entrada é de cinco euros e estarán dispoñibles no despacho de billetes unha hora antes do comezo”.
A actividade conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O Concello de Burela informa de que as entradas para as dúas funcións de 'Somos criminais e punto final' están case esgotadas. O novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegará á Casa da Cultura de Burela este sábado, día 30 de novembro, ás 20:30 e ás 23:00 horas.
As derradeiras entradas dispoñibles poden ser adquiridas na web ataquilla.com.




