O actor e humorista Carlos Blanco presenta “A penúltima” en Burela o 27 de marzo

O actor e humorista Carlos Blanco levará o seu espectáculo A penúltima á Casa da Cultura de Burela o venres 27 de marzo ás 21:00 horas.

O Concello de Burela explica que A penúltima “é unha proposta na que o artista presenta imaxes e historias, combinando contidos novos con outros xa coñecidos, mantendo o humor como eixo principal. A función está dirixida a público maior de 14 anos. O prezo da entrada é de cinco euros e estarán dispoñibles no despacho de billetes unha hora antes do comezo”.

A actividade conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Axencia Galega das Industrias Culturais e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.