Autobús
Burela estará presente na feira de turismo gastronómico Xantar, que terá lugar en Ourense desde mañá, mércores. O venres o alcalde participará nun acto con motivo da celebración do día do mar e haberá unha degustación gastronómica. O Concello porá un autobús con 48 prazas dispoñibles, para que os veciños e veciñas de Burela que o venres se queiran desprazar ata Xantar o poidan facer. Para poder viaxar deben inscribirse no Concello.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, anunciou que “a partir do mércores o Concello de Burela vai estar presente na feira de turismo gastronómico Xantar en Ourense. Como todos os anos, imos ter o noso stand alí onde imos promocionar Burela e, ademais este ano, imos contar tamén coa colaboración de Conservas Faro de Burela, que vai expoñer parte dos seus produtos e vai facer unha degustación relacionada co...
leer másBurela estará presente un ano máis na Feira Xantar, que se celebra en Ourense do 5 ao 9 de febreiro. O día 7 estará dedicado ao mar e Burela ofrecerá unha degustación dos seus produtos típicos. O Concello vai poñer un autobús con 55 prazas para que os veciños e veciñas que o desexen poidan desprazarse ata a cidade das burgas para asistir a esa cita do 7. As persoas interesadas deberán anotarse no Concello, onde tamén se lles facilitará a entrada de acceso a Xantar. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que “os que queiran ir á feira pola súa conta tamén terán entrada pasando a recollela polo Concello”.
O edil anunciou que “para a semana que ven, entre os días 5 e 9, vaise celebrar no recinto feiral de Expo Ourense, a Feira Xantar, referida a poñer en valor os produtos gastronómicos das distintas zonas de Galicia, incluso de...
leer más