Viaxes
A Deputación de Lugo retomou este martes a segunda quenda da sexta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, a iniciativa posta en marcha pola institución provincial co obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio. Durante os meses de setembro e outubro realizaranse 54 viaxes nas que participarán máis de 1.200 persoas de 32 concellos de toda a provincia.
O deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, recibiu na produtora de audiovisuais da institución provincial aos membros da Asociación de Veciños das Carballeiras de Bosende Paredes Anguieiro, de Lugo, que este martes visitan o faro de Punta Roncadoira, a contorna do Cabo de Morás ou as praias de Lago e Esteiro.
Así mesmo o Deputado de Promoción Económica e Social,...
leer másO programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños e veciñas de viaxe por cinco destinos lucenses. Desde hoxe e ata o venres, colectivos do Saviñao, Ribadeo, Lugo, Taboada e Xermade terán a posibilidade de descubrir diferentes rutas pola Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra de xeito gratuíto. A iniciativa da institución provincial permitiralles descubrir tesouros do patrimonio lucense como as praias virxes do Vicedo, a Abadía de San Clodio, a Reitoral de Gundivós ou as pallozas de Piornedo.
Hoxe, a asociación Terra do Toxo do Saviñao viaxa ao Vicedo e Irmanamento de Ribadeo desprázase a Ribas de Sil e Quiroga en rutas simultáneas. Os dous colectivos fixeron parada en Lugo, os primeiros para visitar o Mazo de Santa Comba e os segundos, o Centro de Interpretación Terras do Miño. A asociación Castro Celta de...
leer másA Deputación de Lugo arrancou este mércores a sexta tempada do Coñece a túa provincia con 84 viaxes gratuítas esta primavera. A iniciativa, que impulsa a institución provincial “para fomentar o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio da provincia, beneficiará un ano máis a unhas 3.000 persoas en dúas quendas: a primeira, que se desenvolve entre abril e xuño; a segunda, que terá lugar durante o outono”.
Pilar García Porto, a deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo; e Carlos López López, o deputado de Medio Ambiente, deron este mércores a benvida aos grupos que estrean as primeiras excursións do programa: a asociación Santalla de Pena, de Begonte, que visita Foz; e ás mulleres Bolboretas, de Xove, que van a Pantón e Carballedo. Os primeiros fixeron parada na Produtora do Servizo de Audiovisuais da...
leer másA Deputación de Lugo abre o día 12 de xaneiro, luns, o prazo para solicitar a participación no Coñece a túa Provincia, o programa de viaxes gratuítas da institución provincial que nesta nova edición ofrece máis de 3.000 prazas. As bases do programa foron publicadas hoxe no Boletín Oficial da Provincia (BOP), e o prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde este 12 de xaneiro, ás 12 da mañá, ata o 16 deste mes.
O programa mantén a oferta de 44 rutas polos 67 concellos da provincia, ás que se engaden 7 rutas accesibles deseñadas especificamente para colectivos de persoas con discapacidade física.
A Deputación de Lugo destaca que “como novidade, nesta nova edición priorizaranse as entidades que non participaron en convocatorias anteriores, garantindo así a oportunidade de...
leer másA Xunta de Goberno aprobou as bases dunha nova convocatoria do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que ofrece viaxes gratuítas a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia. Nesta edición, o programa ofrecerá 3.036 prazas e contará cun orzamento de máis de 200.000€, o que supón un investimento de 67,40€ por persoa que repercute en beneficios para o territorio, ao fomentar o turismo de proximidade e dinamizar a actividade económica local.
As bases sairán publicadas o vindeiro 10 de xaneiro no Boletín Oficial da Provincia (BOP). O prazo de presentación de solicitudes arrincará o 12 de xaneiro, ás 12:00 da mañá e permanecerá aberto ata o 16 de xaneiro. Nesta anualidade, as asociacións poderán solicitar entre 15 e 23 prazas para realizar as excursións, mantendo o mesmo modelo de anos...
leer másA axencia de viaxes Azul Marino presentará a súa oferta para 2026 en Burela. Será nun acto que se desenvolverá na Casa da Cultura o día 28 de novembro, venres, a partir das 20:30 horas.
Segundo explica o responsable de Azul Marino en Burela, Pedro Fraga, “presentaremos as propostas máis relevantes para o 2026 da axencia de viaxes Azul Marino. Os asistentes coñecerán algunhas das novidades máis destacadas. Recibirán información sobre viaxes interesantes e en grupo a Asia, por exemplo, para o que contaremos cun maiorista especialista, como é Taiko. Os cruceiros tamén estarán presentes da man de Costa Cruceros, que presentará a súa gama de produto con saídas tamén en grupo desde A Mariña”.
Fraga considera que “as saídas en grupo desde esta comarca o que fan é facilitarlle a vida ao cliente”.
... leer másA Deputación de Lugo reabre este martes a quinta edición do programa de viaxes Coñece a túa provincia, que arranca hoxe a súa segunda quenda do ano con visitas gratuítas á Mariña. Preto de 1.200 veciños e veciñas de 26 concellos de toda a provincia participarán entre setembro e outubro nesta iniciativa da institución provincial que ten por obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio.
O Deputado de Medio Ambiente, Carlos López López, recibiu no Centro de Interpretación Terras do Miño aos membros da Asociación As Bulidoiras, das Nogais, que visitarán este martes o museo do mel do Valadouro, a Finca Galea ou o castelo de Alfoz. Estreou tamén o calendario de excursións a asociación Hombreiro Río Miño, de Lugo, que fará unha ruta que lles permitirá coñecer as principais praias do Vicedo e o casco antigo de Viveiro...
leer más184 veciños e veciñas dos concellos de Taboada, Lugo, A Fonsagrada, Monforte de Lemos e Sober pechan as rutas do mes de maio do programa Coñece a túa provincia, a iniciativa de viaxes gratuítas que impulsa a Deputación de Lugo dirixida a colectivos sen ánimo de lucro co obxectivo de fomentar o turismo de proximidade. Esta última semana participan oito colectivos lucenses que percorrerán ata o venres A Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra.
Na xornada de onte, a Asociación Veciñal de Santa María de Xián, de Taboada, e a Asociación Provincial de Amas de Casa e de Consumidores, de Lugo, foron as dúas primeiras entidades que participaron esta semana. Os primeiros partiron da Granxa Gayoso Castro para despois achegarse ata a comarca da Mariña, alí visitaron a fábrica de Sargadelos e o Museo do Mar, ente outros lugares. Os segundos comezaron a...
leer másO programa de viaxes gratuítas da Deputación de Lugo, Coñece a túa provincia, ofrece esta semana visitas guiadas á Mariña, á Montaña e á Ribeira Sacra a preto de 140 veciños e veciñas dos concellos da Fonsagrada, Lugo, Abadín, Quiroga e Paradela. Un total de seis colectivos participarán entre o martes e o venres nas diferentes rutas deseñadas pola institución provincial nesta quinta edición do programa para reforzar o sector turístico.
Tras as viaxes deste martes da Asociación Cultural Antaruxas e Sorteiros, da Fonsagrada, a Sober e da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias, de Lugo, a Foz; hoxe será a quenda da Asociación Cultural O Caxigo, da Fonsagrada e da Asociación de Veciños de San Pedro de Aldixe, de Abadín. Os primeiros foron recibidos polo Deputado de Medio Ambiente e Alcalde fonsagradino, Carlos...
leer másUns 184 veciños e veciñas viaxarán esta semana co Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. Os participantes pertencen a oito colectivos dos concellos de Mondoñedo, Castro de Rei, Guitiriz, Alfoz, Lugo, Riotorto e Barreiros, e uns percorrerán a comarca mariñá, mentres que os outros descubrirán os atractivos naturais e culturais da Terra Chá ou Lugo.
O Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, deu a benvida este martes no Salón de Actos do Pazo de San Marcos á Asociación Cultural e Deportiva Billarda Río Miño, de Castro de Rei, que iniciou o seu percorrido coñecendo a historia e o funcionamento da Deputación de Lugo para despois achegarse ata Quiroga. Neste municipio, os viaxeiros desfrutaron dunha visita a unha empresa produtora de viño e aceite e dun obradoiro de artesanía.
Nesta mesma...
leer más












