Viaxes
Preto de 180 veciños e veciñas da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro dos 67 concellos da provincia. Trátase de membros de oito asociacións das zonas centro e sur de Lugo que percorrerán A Mariña, descubrindo a costa e o interior, ademais da Ribeira Sacra e a zona de Montaña.
Este martes, a Asociación de Veciños do Barrio de Cobas, de Monforte, e a Asociación de Mulleres Rurais Santa Isabel, de Outeiro de Rei, son os dous primeiros colectivos en participar esta semana nas visitas. Os monfortinos coñeceron este martes as instalacións e o traballo que desenvolve a Deputación de Lugo na Granxa Gayoso Castro da man do Deputado de Recursos Sostibles, Roberto Fernández Rico, para, posteriormente poñer rumbo á costa e descubrir as praias de Barreiros...
leer másMáis de 170 veciños e veciñas de oito asociacións da provincia benefícianse esta semana do programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia, destinado a entidades sen ánimo de lucro da provincia. Dende hoxe e ata o venres coñecerán concellos como Xove, Viveiro, Burela, Foz, Barreiros, Ribadeo, Monforte de Lemos, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Pantón e Carballedo.
As viaxes desta semana comezaron este martes coa visita da Asociación Recreativa e Cultural de Apoio ás Persoas Afectadas de Cancro Esperanza, de Burela, a Monforte de Lemos, onde visitaron o Pazo de Tor e o centro histórico do municipio. Antes, acompañados do Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, coñeceron o traballo realizado na produtora do Servizo de Audiovisuais da Deputación. Tamén na primeira xornada, a Asociación de Veciños San Román de...
leer másUnhas 160 persoas participarán ao longo desta semana nas viaxes gratuítas do programa Coñece a túa provincia da Deputación de Lugo. As sete entidades participantes visitarán esta semana A Mariña, a Ribeira Sacra e a zona de Montaña, percorrendo concellos como Pedrafita do Cebreiro, Viveiro, Sober, Monforte, O Saviñao ou Burela.
Este martes a Asociación de Veciños Irmáns Vilar Ponte de Bravos, de Ourol, visitou o Mazo de Santa Comba, de titularidade provincial, para despois percorrer os concellos de Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. Durante a visita coñeceron a aldea do Cebreiro, cunha visita ás pallozas, percorreron dous quilómetros do Camiño Francés e achegáronse ata o municipio de Triacastela para visitar os seus recursos turísticos culturais e naturais.
Mañá mércores, as entidades beneficiarias...
leer másA Deputación de Lugo descobre esta semana a zona da Mariña, a Montaña e a Ribeira Sacra a máis de 140 veciños e veciñas de todas as idades dentro do programa Coñece a túa provincia que impulsa a institución provincial.
Este martes, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Monforte visitou a Produtora de Audiovisuais da Deputación de Lugo para despois achegarse aos concellos de Barreiros e Ribadeo. Durante a visita coñeceron algúns dos areais barreirenses e a praia das Catedrais. Ademais, achegáronse a Rinlo e pasearon polo casco histórico de Ribadeo.
Tamén viaxaron á Mariña os alumnos do último ciclo de primaria do colexio Otero Pedrayo de Rábade. Neste caso, visitaron os concellos de Alfoz e O Valadouro e percorreron algúns dos recursos naturais destes municipios. O percorrido comezárono na Granxa...
leer másA Deputación de Lugo estreou este mércores a segunda edición do programa de viaxes gratuítasCoñece a túa provincia, do que se beneficiarán máis de 3.000 persoas de 136 asociacións e colectivos lucenses. Nesta segunda edición os usuarios e usuarias viaxarán en dúas quendas que permitirán coñecer a provincia en primavera, dende hoxe e ata o 30 de xuño, e en outono, de setembro a novembro.
A primeira entidade beneficiaria, a Asociación Provincial de Amas de Casa e de Consumidores de Lugo Lucus, visitou o Pozo da Ferida e o concello de Ferreira do Valadouro para despois seguir a ruta no castelo de Castrodouro e a Finca Galea, ambos en Alfoz. A ruta comezou cun percorrido polo Pazo de San Marcos onde puideron coñecer a historia do edificio.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense ven de iniciar unha colaboración co maiorista receptivo Viajes Interrías, empresa galega con máis de 30 anos de experiencia, especializado en España, Portugal, Lourdes e Andorra. Esta acción é o resultado do traballo realizado por parte do xeodestino e os Concellos asistindo a feiras profesionais de turismo coma FITUR.
Fai uns días o presidente da Mancomunidade, Francisco Cajoto, e o director comercial de Viajes Interrías, Fabián Buezas, xunto a técnicos de ambos entes mantiñan unha reunión de traballo no CENIMA en Foz. Entre outras cuestións, revisaron o díptico no que o maiorista receptivo traballou da man da Mancomunidade e que porá a disposición de máis de 8.500 axencias de viaxes en toda a península. Deste xeito o territorio mariñán comezará a ser unha opción a ofrecer por parte destas...
leer másA Deputación de Lugo estreou este martes o programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, do que, nesta primeira tempada, se beneficiarán máis de 1.200 persoas de 62 asociacións e colectivos lucenses ata o vindeiro 10 de novembro.
As primeiras entidades beneficiarias, a Asociación de Veciños de Ombreiro Río Miño e a Asociación Carpe Diem de Lugo, coñeceron a costa de Barreiros e Ribadeo, e os concellos de Lourenzá e Mondoñedo, respectivamente. As actividades inclúen tamén unha visita a instalacións provinciais que se converten en puntos de partida das viaxes. Na primeira xornada, as asociacións coñeceron a historia do Pazo de San Marcos e o funcionamento da Granxa Gayoso Castro, en Castro de Rei.
O Presidente recibiu no Salón de Actos á primeira asociación que visitou a sede da institución provincial, onde...
leer másEste domingo, 30 de maio, o Centro de Interpretación da Mariña en Foz acollerá o programa de radio especializado en viaxes Gente Viajera, que dirixe e presenta en Onda Cero Esther Eiros e que se emitirá en directo para toda España dende o Cenima.
Trátase dunha importante acción de promoción que leva a cabo a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense para a promoción do xeodestino, con cargo ao convenio que o ente asina coa Deputación de Lugo. Colaboran coa iniciativa o Concello de Foz, a FCAM, AciaFozCCA, Merluza de Burela, IXP Faba de Lourenzá e Vermú Arnao, de Discosta Norte.
Esta colaboración público-privada ten por obxectivo a promoción a nivel nacional dos atractivos turísticos da Mariña Lucense, do seu comercio, da hostalería e do produto local pensando na reactivación económica da comarca, a...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- siguiente ›
- última »












