Os gañadores das viaxes de Acisa Ribadeo seguen desfrutando dos seus premios

Bodegas Docampo, de Ribadavia, recibiu a pasada fin de semana aos gañadores do Ribadeo Sabe 2026. Foi o caso de Javier Páez Pérez e de Marcos Paleo Otero, que fixeron xunto aos seus acompañantes unha visita guiada á bodega e desfrutaron dunha noite de aloxamento no seu Hotel Pazo Carballo.

Javier Párez e Marcos Paleo foron dous dos tres gañadores dos premios ao público que participou nas votacións do Ribadeo Sabe o pasado mes de maio, evento gastronómico organizado polo Concello e por Acisa. Tres foron as categorías establecidas e dotadas con 200, 150 e 100 euros en vales de compra de Acisa Ribadeo e visita guiada cada unha a Bodegas Docampo, en Ribadavia, con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo. A culler de bronce foi para María Jesús Vior Fernández, a culler de prata para Javier Páez Pérez e a culler de ouro para Marcos Paleo Otero.

María Jesús Vior gozará do seu premio en outubro.