Fútbol Sala
O Pescados Rubén Burela FS iniciou onte a Xira Laranxa 2017 ‘Descubre o Fútbol Sala’ polo centros de ensino da Mariña no CEIP Pedro Caselles Rollán de Xove, co fin de promover a práctica deportiva en igualdade do fútbol sala entre a xuventude de dentro e fóra da bisbarra.
Representado por Lara Balseiro e José Carlos, xunto ao técnico de Primeira LNFS Tomás de Dios e o preparador físico Alfonso Mera, o club burelista deu a coñecer algunhas das súa singularidades a través dunha proxección audiovisual e compartiu experiencias e pista co alumnado de 5º Primaria.
A Xira Laranxa 2017, que se prolongará ata finais de maio, tamén terá paradas en Ribadeo, Muras, Foz, O Vicedo, Mondoñedo, Covas e Burela.
O Torneo Triangular de Semana Santa de Fútbol Sala Base da Fundación Imdecum volverá este ano á axenda deportiva coa súa cuarta edición, reunindo o Xoves Santo, en Vista Alegre (Burela), ás categorías prebenxamín, benxamín e alevín dos Meigallos Sarria, ACD Xove e Pescados Rubén Burela FS.
A cita inaugurarase ás 10.00 horas cun enfrontamento alevín entre xovenses e burelaos e despedirase ás 20.00 horas co compromiso prebenxamín entre Os Meigallos e Xove. A entrega de trofeos porá o broche final ás 20.50 horas.
O Praias de Barreiros enfróntase o 4 de marzo ao Stellae FS. Será no pavillón municipal barreirense.
O conxunto barreirense luce una nova cara dende principios de 2017. Dende a chegada de Juan Antonio Fernández ó banco do Praias a dinámica de resultados deu un xiro de 180 grados. Unha derrota, un empate e catro triunfos consecutivos son a bagaxe máis recente do cadro mariñán. Trala derrota como local ante o Arzúa (2-4) o Praias comezou a escalada grazas a un empate no Municipal (1-1) ante o todopoderoso Culleredo, un resultado co que gañaron en confianza e no que sentaron as bases das sucesivas victorias ante o Alameda Xarío (4-1), o Castroverde (4-5), o Vila de Cee (4-2) e a última na complicada pista do Begonte (5-7). Trece puntos acadados nos últimos cinco encontros que supuxeron un ascenso importante na táboa clasificatoria, o Praias de Barreiros ocupa arestora a novena posición da Liga Autonómica Galega Norte con 25 puntos.
Un bo...
leer más