Feminino
A Xunta de Galicia patrocina o Trofeo Burela Turismo de Galicia, que este xoves, día 28 de agosto, enfrontará ao Burela Fútbol Sala feminino e o 5 Coruña FS no pavillón de Vista Alegre, a partir das 20.00 horas. O encontro servirá como presentación oficial do equipo diante da súa afección antes do comezo da nova tempada, previsto para o 6 de setembro.
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou na presentación do partido, nun acto que se desenvolveu no porto de Burela e no que tamén estiveron o presidente do CD Burela FS, José Luis Sáez; a adestradora do equipo feminino, Belén Feal; e unha representación do plantel de xogadoras.
Arias detallou que a Administración autonómica “destina 20.000 euros a través da Axencia de Turismo de Galicia a patrocinar en exclusiva este partido, que terá entrada...
leer másA quinta edición do Torneo Emma Cuervo Feminino de fútbol disputarano o Real Club Deportivo, da Coruña, co C.A. Osasuna, de Pamplona. Terá lugar este sábado, día 23 de agosto, ás 12:00 horas no Campo Municipal Pepe Barrera (Ribadeo).
Está organizado polo Ribadeo FC, que anuncia: “os prezos das entradas serán de 10 euros para maiores de 15 anos e de 5 euros para nenos/as entre 8 e 15 anos, mentres que os menores de 8 anos teñen acceso gratuíto. As entradas poden adquirirse nas taquillas do Campo Municipal Pepe Barrera o mesmo dia do partido”.
Ribadeo Basket Pro 2025 terá lugar do 13 ao 19 de xullo. Trátase dun stage de perfeccionamento técnico-táctico feminino de baloncesto destinado a rapazas nadas no 2011 ou en anos anteriores.
Da man de grandes profesionais gozarán de adestramentos específicos, traballo individualizado, desenvolvemento de fundamentos técnico-tácticos ofensivos e defensivos, preparación física orientada ao xogo ou nutrición deportiva.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou que “as rapazas que participen neste stage recibirán formación de adestradores de primeiro nivel e tamén de preparados físicos e fisioterapeutas”.
E engadiu: “seguimos apostando polo baloncesto e acollemos este verán unha nova edición de Ribadeo Basket Pro. Agardamos que moitas rapazas se animen a participar”.
... leer másO deputado provincial de Mocidade, Daniel García, participou este luns na presentación do torneo de baloncesto XVI Lourenzá En Xogo, que se celebrará os días 16, 17 e 18 de abril en Lourenzá.
A Vicepresidencia da Deputación é o principal patrocinio institucional deste torneo de baloncesto feminino de base, organizado pola ED Lourenzá, que “é unha referencia neste tipo de campionatos e que reúne clubs tanto de Galiza como do resto do Estado”.
Daniel García destacou “a singularidade deste torneo cunha traxectoria de dezaseis anos de apoio e visibilización do baloncesto feminino” e valorou o “traballo da organización que consegue que clubs de base de distintos puntos do Estado veñan a xogar este torneo, contribuíndo a dinamizar o concello e a comarca coa presenza das xogadoras e das súas familias”.
En total nesta edición...
leer másO Concello de Viveiro patrocina o partido amigable de fútbol sala feminino sub-19 que se disputará entre España e Finlandia o día 2 de abril, mércores, ás 20:00 horas no pavillón municipal viveirense.
A alcaldesa, Mariña Gueimunde, participou na presentación deste evento xunto ao presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Pablo Prieto, e o presidente do Comité Galego de Fútbol Sala, Julio Mougan.
A rexedora destaca: “é unha honra para nós patrocinar este partido, que converterá á nosa vila no epicentro do fútbol sala feminino. Ademais a entrada e gratuíta, polo que toda a veciñanza poderá desfrutar del sen impedimento”.
O Concello de Viveiro explica que o patrocinio aprobado ten un importe de 2.000 euros máis IVE e servirá para sufragar gastos de publicidade, catering, avituallamento...
leer másRibadeo acollerá a vindeira fin de semana o Norteo, o I Torneo de Baloncesto Interautonómico de Veteranas, que organizan as Federacións Galega e Asturiana de Baloncesto e coa colaboración do Concello de Ribadeo e CB Ribadeo.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “os vindeiros 26 e 27 de outubro Ribadeo vivirá en primeira persoa a estrea dunha cita na que xogadoras veteranas, chegadas de Asturias e da propia Galicia, abrirán a temporada desfrutando do deporte, da confraternización e amosando os valores do baloncesto máis alá da pista”.
E sinalou que “cinco equipos galegos e tres asturianos protagonizarán dúas xornadas ben completas, cun total de 12 encontros repartidos entre o pavillón polideportivo e o pavillón de deportes. Os encontros terán lugar o sábado 26 en horario de mañá (11:00 e...
leer másSerá ás seis da tarde no Campo Municipal Pepe Barrera. O Atlético Villalonga e o Real Oviedo (2 equipos de 2ª RFEF) mediranse neste trofeo organizado polo Ribadeo FC.
Desde o club local subliñan que “volve o fútbol feminino a Ribadeo, un trofeo que chegou para quedarse”.
Xa está en Ribadeo a selección española de baloncesto feminino U18, que permanecerá aquí concentrada ata o 29 de xullo. Os encargados de darlle a benvida foron o alcalde, Dani Vega, e o concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent.
O combinado nacional enfrontarase a Croacia, Polonia e Hungría no Torneo que as catro seleccións disputarán en Ribadeo do 18 ao 20 de xullo.
O edil de Deportes declarou: “estamos moi contentos de recibir en Ribadeo un verán máis á selección española se baloncesto feminino U18. A concentración deu comezo onte e prolongarase ata o 29 de xullo. Na nosa vila contamos cunhas instalacións deportivas de primeiro nivel que nos permiten acoller esta tipo de eventos deportivos: concentracións e torneos internacionais, como os que a selección española vai disputar coas de Croacia, Polonia e...
leer másO vicepresidente da Deputación, Efrén Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, participaron esta mañá na presentación do Futsal Women’s European Champions, que se xogará o 18 ao 22 de decembro en Burela.
A competición reunirá as campioas de España, Portugal, Italia e Países Baixos, convertendo Burela nun referente do fútbol sala a nivel mundial, como se sinalou no acto de presentación celebrado esta mañá no Hotel Nordés, no que participaron o presidente do club mariñao, Manuel Blanco, así como representantes municipais, da Xunta de Galicia e da Federación Galega de Fútbol.
Efrén Castro destacou “o papel referencial que o Burela FS está a desenvolver no avance do deporte feminino en todos os ámbitos, desde o deportivo ao social” e co que “desde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo...
leer másO Concello de Barreiros, nunha clara aposta polo desenvolvemento dunha programación cultural integradora, transversal e interxeracional, ven de presentar as actividades que se levarán a cabo no mes de novembro.
Co nome xenérico de “Barreiros feminino plural”, as áreas de igualdade e dinamización tentarán achegar diversas actividades dirixidas tanto ás crianzas como ás persoas adultas, co obxectivo de visibilizar e desbotar da nosa sociedade todo tipo de violencias, nomeadamente a violencia machista.A concelleira de igualdade, Montse Porteiro reflectiu a necesidade de “comezar desde as idades máis temperás a inculcar condutas baseadas na tolerancia, na diversidade e no respecto a todas as persoas, desbotando da sociedade estereotipos patriarcais que impiden avanzar na igualdade real entre homes e mulleres.
A...
leer más