Papanoelada Moteira
O Motoclube A Cadeira, de Trabada, celebrará a súa II Papanoelada Moteira este sábado, día 20 de decembro.
A ruta sairá desde a gasolineira de Santirso de Abres ás 15:00 horas. Pasará por Sante e farán unha parada no Bar A Curuxeira. Esta previsto que cheguen ao Mercadiño de Nadal de Trabada ás 16:30 horas.
O Concello do Valadouro anuncia que “o 24 de decembro todos os nenos/as teñen unha cita con Papá Noel en Ferreira do Valadouro! Ás 12:00 horas, saída da comitiva moteira diante do Antigo Matadoiro.
Ás 12:30 será a emocionante recepción con Papá Noel, na Praza de Santa María. Teremos música de panxoliñas interpretadas pola Asociación Cultural Amado Lar e degustación de churros con chocolate. E non esquezades o concurso da moto máis vistosa, con premios en vales en material moteiro; adorna a túa moto e inscríbete xa. A inscrición para participar pode realizarase o martes, día 24, desde as 11:15 ata as 12:00 horas na Praza de Santa María”.
Para organizar este evento o Concello do Valadouro conta coa colaboración do Moto Clube Valadouro e Asociación Cultural Amado Lar.
Mondoñedo acollerá o día 21 de decembro, sábado, a sétima edición da Papanoelada Moteira que organiza o colectivo local Motoclub Ruta N-634. Será ás 16:00 horas na Praza da Catedral e haberá chocolate e madalenas gratis ata esgotar existencias, ademais de sorteos de agasallos e colchonetas.
“Un ano máis (e cada ano con máis motos) o Motoclube de Mondoñedo trae a Papanoelada Moteira. Xa sabedes, o 21 de Decembro Papá Noel chega a Mondoñedo motorizado”, anuncia a organización.





