Camiño do Mar
O día 8 de marzo, domingo, partirá de Ribadeo a quinta edición da ruta Camiño do Mar Concello a Concello. No Pazo de Ibáñez tivo lugar este martes a presentación, na que participaron o alcalde, Dani Vega; a concelleira de Turismo, Marta Saiz; o presidente da asociación de Amigos del Camino del Mar (organizadora do evento), Manuel Vicente; e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado.
Manuel Vicente indicou: “eu creo que o Camiño do Mar é unha oportunidade non só para a Ribadeo, senón para a toda comarca e un pouco tamén recuperar a hospitalidade que sempre tivo Ribadeo, a hospitalidade que sempre tivo a comarca, e é invitar a toda a xente que poida a participar nesta quinta edición do Camiño do Mar Concello a Concello para recorrer os 280 quilómetros, contando coa colaboración de todos os concellos polos que pasa o Camiño do Mar. Agradecervos...
leer másA Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela e a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela presentaron este venres unha nova edición do Camiño Gastronómico do Mar, unha iniciativa gastronómica que mantén o dobre obxectivo co que se lanzou hai xa seis anos: fomentar o consumo de peixe e promocionar o Camiño do Mar. Desenvolverase do 19 de outubro ao 30 de novembro.
O acto tivo lugar nas instalacións de Armadores de Burela e estivo presidido pola conselleira de Mar da Xunta de Galicia, Marta Villaverde, coa representación de varios dos concellos polos que discorre a acción, como Foz, Burela, Xove, Ortigueira ou Mañón; entidades relacionadas co mar, como a Fundación Expomar, o Galp A Mariña Ortegal e representantes das frotas do porto de Burela e outras asociacións pesqueiras do norte de Galicia...
leer más




