Documental

10/11/2026

Burela acollerá este domingo, día 15 de novembro, ás 18:00 horas a proxección do documental Prisciliano e a Gallaecia, seguida dun coloquio co seu director, Aser Álvarez. A actividade forma parte da xira organizada pola área da Cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, que levou o documental a Sarria, Ribadeo, Vilalba, San Román de Cervantes, Quiroga e San Cosme de Barreiros, e que pecha en Burela.

O Concello de Burela explica que “o documental achégase á figura do bispo galaico Prisciliano (340-385), a primeira persoa condenada a morte pola Igrexa católica na súa historia. Executado por herexe, a súa pegada está especialmente arraigada na Galicia tardorromana e altomedieval, e a súa figura segue a ser obxecto de investigación na actualidade”.

O acto comezará cunha presentación a cargo...

leer más
Etiquetas:
09/11/2026

A proxección do documental titulado Crónicas dun non, de Fernando Rodríguez Gómez (Peñaño), terá lugar este xoves, 12 de novembro, ás 20 horas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro. É un acto organizado polo Foro Social da Mariña, que explica: “o documental conta a historia do movemento da insubmisión en Galicia a través da experiencia persoal do seu director, que foi detido no ano 1989 pola súa negativa a incorporarse ao servizo militar obrigatorio; permanecendo en prisión preventiva, xulgado e condenado a un ano de cadea. Unha historia máis, entre as moitas, que deron rematado coa inxustiza do servizo militar obrigatorio”.

O Foro Social da Mariña engade que este documental “conta tamén coas testemuñas de persoas que participaron en Galicia nas mobilizacións vinculadas á insubmisión e propón unha reflexión sobre o papel da...

leer más
Etiquetas:
20/10/2026

Este venres, día 23 de outubro, ás 20:00 horas vaise proxectar no Teatro de Ribadeo o documental titulado 1846. Revolución galega, producido pola Fundación Galiza Sempre.

É unha actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, que explica que “segue a ter entre os seus obxectivos a temática histórica, tan demandada polos nosos asociados e asociadas. Esta mirada á nosa historia permitiranos comprender non só un feito específico da nosa historia, máis ou menos coñecido, como é o episodio do fusilamento dos mártires de Carral, senón as consecuencias do mesmo de cara á toma en conciencia da nosa identidade colectiva. Este venres 23 teremos ocasión de revisar dito capítulo a fondo da man do autor do estudo que deu lugar a este documental, César Caramês, profesor de Lingua e Literatura Galegas en Moraña”.

... leer más
Etiquetas:
12/10/2026

O Foro Social da Mariña organiza a proxección do documental titulado Palestina, una tragedia permanente, do cineasta e escritor Javier Díez Moro. A proxección terá lugar este xoves, 15 de outubro, ás 19:30 horas no auditorio da Casa de Cultura de Burela.

“O documental narra a traxedia do pobo palestino ao longo da historia, afondando especialmente no período que vai de outubro de 2023 aos nosos días, período que compre analizar con perspectiva histórica e en relación co auxe dos totalitarismos e a ultradereita no mundo”, explica o Foro Social da Mariña, que engade: “na produción utilizáronse imaxes tomadas polas xentes de Gaza e tamén de arquivo. Hai entrevistas e declaracións de expertos e especialistas como Jeffrey Sachs, Gideon Levy, Ilan Pappé, Oler Cassif, Daniella Weis, Noam Chomsky e Francesca Albanese”.

... leer más
Etiquetas:
07/10/2026

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación promove a difusión do documental Prisciliano e a Gallaecia achegando a súa exhibición a diferentes concellos da provincia. Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser Álvarez, director do documental, Diego Piay, historiador, Victorino Pérez, experto en Prisciliano, e Xabier Correa Corredoira, membro do equipo artístico. O venres 13 de novembro proxectarase en Barreiros e o domingo 15, en Burela.

A deputada de Cultura, Iria Castro, destacou a relevancia deste documental, “o primeiro que se realiza sobre a súa vida”, que axuda á recuperación da figura do bispo, pois “non se ten divulgado o suficiente sobre a súa importancia histórica, xa normalizada en círculos académicos, pero non se achegou este coñecemento á poboación”

A Vicepresidencia da Deputación...

leer más
05/09/2026

O xoves 10 de setembro ás 20:30 horas na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, será proxectado o documental Basal, escrito e dirixido por Ugia Pedreira e realizado por Óscar Górriz.

É unha actividade organizada pola Asociación Sociocultural A Pomba do Arco, que tamén anuncia que despois da proxección haberá un coloquio con Ugia Pedreira “sobre música, saúde e demais cousas”.

 

Etiquetas:
13/07/2026

Silencio, a nova curtametraxe producida por Tetra Filmes e dirixida por Cris Andina e Saamira Ganay, narra unha historia de amor, perda e memoria a través da vida de Almudena Pulpeiro Peña, unha xove trompista ribadense falecida nun accidente de tráfico e como os seus pais converten a súa vida nunha homenaxe continua. A preestrea terá lugar o domingo 2 de agosto ás 20:00 horas nunha sesión gratuíta ata completar aforo que incluirá un coloquio posterior coas directoras, membros da familia de Almudena, David Villa (integrante de Zoar Ensemble e compositor da banda sonora), entre outros, anuncia Tetra Filmes, que engade: “lonxe de centrarse unicamente na traxedia, Silencio pon o foco na extraordinaria capacidade de transformar a dor nun legado que segue crecendo décadas despois. Os seus pais, Macu e Luis, dedicaron estes anos a manter viva a memoria da súa filla...

leer más
06/06/2026

A película documental titulada A Cantinera (Os Alonso de Miudes), dirixida por Abel Pérez Méndez, será proxectada no auditorio da Casa da Cultura da Pontenova o domingo 14 de xuño ás 12:00 horas

A asociación Eco das Minas, da Pontenova, anuncia que “a IX Foliada A Chocolateira é un lugar de encontro cultural tanto musical como audiovisual, e sempre coa intención de recordar os e as nos@s precursor@s que deixaron tanta música tradicional por toda a nosa zona e arredores. Así pois o domingo 14 ás 12:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, enmarcado dentro do noso programa foliadeiro, proxección da película documental dirixida por Abel Mialma Producióis A Cantinera ( Os Alonso de Miudes). Vide coñecer a fermosa historia desta familia de músicos de Miudes”.

16/10/2025

O salón de usos múltiples do Concello de Viveiro acollerá este venres, día 17 de outubro, ás 20:00 horas a proxección do filme documental titulado O Vello Pancho. De Ribadeo ao Plata, onde se recolle a vida do escritor ribadense José María Alonso y Trelles Jarén.

Despois da proxección do documental haberá un coloquio no que intervirán o director do filme, Xan Leira; o escritor e investigador ribadense Pablo Rodríguez Vivín e o cronista oficial de Viveiro, Carlos Nuevo Cal.

28/09/2025

A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o xoves 2 de outubro ás 20:30 horas no salón de actos da Casa da Cultura de Foz a proxección do filme documental titulado O Vello Pancho. De Ribadeo ao Plata, onde se recolle a vida do escritor ribadense con familia en Foz José María Alonso y Trelles Jarén.

A Pomba do Arco explica que “o filme está dirixido por Xan Leira, cuxa actividade está centrada na produción editorial e de documentais relacionados coa recuperación da memoria social e política da Galiza e da diáspora galega. O documental recolle testemuñas sobre especialistas no autor como o dos mariñaos Martín Fernández Vizoso e Pablo Rodríguez Vivín”.

Despois da proxección do documental haberá un coloquio no que intervirán Xan Leira e Pablo Rodríguez Vivín. Será presentado por Moncho...

leer más