Burela acolle este xoves, 15 de outubro, a estrea do documental “Palestina, una tragedia permanente”

O Foro Social da Mariña organiza a proxección do documental titulado Palestina, una tragedia permanente, do cineasta e escritor Javier Díez Moro. A proxección terá lugar este xoves, 15 de outubro, ás 19:30 horas no auditorio da Casa de Cultura de Burela.

“O documental narra a traxedia do pobo palestino ao longo da historia, afondando especialmente no período que vai de outubro de 2023 aos nosos días, período que compre analizar con perspectiva histórica e en relación co auxe dos totalitarismos e a ultradereita no mundo”, explica o Foro Social da Mariña, que engade: “na produción utilizáronse imaxes tomadas polas xentes de Gaza e tamén de arquivo. Hai entrevistas e declaracións de expertos e especialistas como Jeffrey Sachs, Gideon Levy, Ilan Pappé, Oler Cassif, Daniella Weis, Noam Chomsky e Francesca Albanese”.

Rematada a proxección o director do documental fará unha presentación da 2ª edición da súa novela El diario de Laila Azam (Historias de Gaza) e participará no coloquio posterior.