Peche

Etiquetas:
06/07/2020

O Concello de Foz pecha todos os parques infantís, a biblioteca municipal, os espazos públicos de uso múltiple e instalacións deportivas polo rebrote de coronavirus na Mariña. Ademais retrasa o inicio do programa cultural de cine e teatro e do Aberto por Vacacións.

O alcalde focense, Fran Cajoto, publicou un bando no que explica que “ante a incidencia do COVID-19 (coronavirus) e o novo rebrote na Mariña, unha vez analizadas as indicacións e recomendacións trasladadas polo Conselleiro de Sanidade e tras a publicación no DOG do 5 de xullo de 2020, o concello de Foz adopta as seguintes decisións: procederase ao peche da totalidade dos parques infantís; a biblioteca pública municipal e sala de estudio permanecerá pechada ata novo aviso; os espazos públicos de uso múltiple -Sala Bahía, baixos Centro Social, Casa da Cultura, Cenima- para...

leer más
Etiquetas:
13/03/2020

O alcalde, Fernando Suárez, anuncia que se restrinxe a atención presencial nos diferentes servizos municipais, de non seren casos urxentes, debendo realizarse preferentemente de xeito electrónico ou telefónico. Ademais desde hoxe e ata o 27 de marzo, quedan pechadas as instalacións de titularidade municipal: pavillóns polideportivos, piscina, biblioteca, salas de exposicións, lavadoiro dos fornos, Cine Teatro, auditorio municipal, albergue de peregrinos, telecentro, oficina de turismo, Casa das Algas, zonas de xogo infantís, biosaudables e parques de titularidade municipal. Queda suspendida a actividade na Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo e queda cancelada a celebración de calquera actividade organizada polo Concello.

O rexedor ribadense declarou que “á vista da situación de emerxencia de saúde pública que está a ter o...

leer más
Etiquetas:
12/03/2020

O Concello de Xove, a través dun Bando, decreta o peche de todas as instalacións municipais onde se realice calquera tipo de actividade deportiva, cultural ou de calquera outra índole. Quedan suspendidas tamén desde mañá a actividade na Escola Infantil, na Escola de Maiores, na Escola de Música, na Escola de Ximnasia Rítmica, na Escola de Natación, no Programa Ponte en Forma e nos obradoiros de longa duración.

Debido á situación orixinada polo problema sanitario  do coronavirus, recibiron no Concello a comunicación de suspensión de varias actividades para ese fin de semana:

-Suspéndese a celebración da XV FESTA DO LACÓN E FOLIADA DA MARIÑA que a Asociación Saiñas de Xove tiña previsto celebrar no Pavillón de Deportes de Xove  este vindeiro sábado, 14 de marzo.

-Suspéndese a celebración da...

leer más
Etiquetas:
12/03/2020

Ante a incidencia do coronavirus o Concello de Foz pecha doce instalacións municipais do 14 ao 28 deste mes. Anunciouno hoxe o alcalde, Fran Cajoto, a través dun bando.

En primeiro lugar o rexedor municipal envía “unha mensaxe de tranquilidade, de calma e de confianza nas autoridades sanitarias. Os protocolos van mudando e hoxe tivemos coñecemento das últimos decisións da Xunta de Galicia e do Goberno de España. Entón en referencia a iso desde o Concello tamén temos que tomar medidas para previr na medida do posible os contaxios polo COVID-19, o novo coronavirus”.

Cajoto especificou que “van quedar pechados ao público o Centro de Día de Foz, a Escola de Música Arcadio Mon, a Casa da Cultura, o Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo, o pavillón de Marzán, o campo de fútbol de Malates, a piscina...

leer más
17/08/2018

O concerto que A Banda da Loba ofrecerá o vindeiro domingo, 19 de agosto,  no Eido Dourado servirá como despedida deste espazo, que pecha as súas portas tras dez anos dun proxecto dedicado ao arte e situado na praia barreirense de A Pasada. Acaba o ciclo de concertos Sons no solpor e péchase o Eido Dourado, que durante dez veráns acolleu infinidade de actuacións musicais, recitais de poesía, visitas guiadas e talleres para nenos e nenas, entre outras actividades. O artista Celso Dourado asegura que o espírito do Eido Dourado seguirá, pero fora de Barreiros.

Dourado anunciou que “neste concerto de despedida do Eido Dourado imos contar cun grupo ao que lle teño moito cariño. É un grupo, de nome A Banda da Loba, de música galega e integrado por cinco mulleres que uniron as súas traxectorias para crear un proxecto común. Mesturan o pop, o...

leer más
24/08/2017

O Eido Dourado pechará as súas portas este verán o vindeiro domingo, 27 de agosto. O artista barreirense Celso Dourado fai unha valoración moi positiva desta tempada na que promoveu unha ducia de concertos tanto nos xardíns do Eido como no cámping Gaivota. Celso Dourado anuncia que cara a vindeira tempada posiblemente se limitará o acceso aos concertos a 150 persoas para que todas poidan gozar comodamente destas citas ao solpor.

Celso Dourado anunciou que “o vindeiro domingo, día 27, pechamos a novena tempada do Eido Dourado. Acostumamos a pechala cara a finais de agosto, pero este ano por circunstancias de calendario decidimos adiantalo ao vindeiro domingo”. 

Dourado relatou que “este verán desenroláronse cun grande éxito os laboratorios creativos, que están conducidos pola artista e profesora Lucía Vila. Tivemos...

leer más
25/08/2016
O Eido Dourado, en Barreiros, pecha as súas portas este domingo, 28 de agosto. Será ata o vindeiro verán.
 
O Eido Dourado, na praia de A Pasada en Barreiros, recibiu este verán a visita de máis de 3.000 persoas. E  os Concertos ao Solpor tiveron unha afluencia de público que superou as 200 persoas cada noite dos cinco domingos nos que se celebraron. O 28 de agosto o Eido Dourado pecha as rúas portas ata o vindeiro verán. 
 
O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “pechamos o vindeiro domingo, día 28, a oitava edición do Eido Dourado. Todos os anos temos un pequeno in crescendo, pero este 2016 en concreto realmente foi moi bo, moi positivo tanto na labor interna do Eido Dourado como na propia acollida por parte da xente”.
 
Celso Dourado salientou que...
leer más