O Eido Dourado, en Barreiros, pecha as súas portas este domingo, 28 de agosto. Será ata o vindeiro verán.

O Eido Dourado, en Barreiros, pecha as súas portas este domingo, 28 de agosto. Será ata o vindeiro verán.
 
O Eido Dourado, na praia de A Pasada en Barreiros, recibiu este verán a visita de máis de 3.000 persoas. E  os Concertos ao Solpor tiveron unha afluencia de público que superou as 200 persoas cada noite dos cinco domingos nos que se celebraron. O 28 de agosto o Eido Dourado pecha as rúas portas ata o vindeiro verán. 
 
O artista barreirense Celso Dourado anunciou que “pechamos o vindeiro domingo, día 28, a oitava edición do Eido Dourado. Todos os anos temos un pequeno in crescendo, pero este 2016 en concreto realmente foi moi bo, moi positivo tanto na labor interna do Eido Dourado como na propia acollida por parte da xente”.
 
Celso Dourado salientou que “foi un verán moi concorrido, teño sen cuantificar o número de visitas, pero coido que pasan das tres mil. Ao mesmo tempo os Concertos ao Solpor tiveron unha enorme acollida pasando cada edición dos cinco que fixemos das duascentas persoas, había duascentas sillas e sempre se quedaban escasas”.
 
Entre as novidades presentadas este ano no Eido Dourado, o seu promotor comentou que “puxemos en marcha, impartidos e desenrolados por parte de Lucía Vila, os laboratorios creativos para nen@s o que supuxo unha idea da que tíñamos falado xa en anos anteriores para os nenos que se moven pola Mariña en período estival. Tivo unha gran acollida polo que pensamos en volver repetir mellorándoos. Por outra parte o que é a exposición é un complemento a todo este espazo. Foron moitas as persoas que se achegaron a ver a renovación da obra e realmente estou contento e moi animado a seguir neste proceso”.
 
Respecto á procedencia dos visitantes a este espazo creativo a carón da praia de A Pasada en Barreiros, Celso Dourado manifestou que “eu formo parte do cámping Gaivota que traballa moito con público estranxeiro e moita xente sobre todo alemáns e holandeses nos visitan cada verán. Este verán en concreto penso que tamén se incrementou o número de estranxeiros. De nacionais moita xente da contorna das poboacións próximas, e ao mesmo tempo moita xente do País Vasco, Madrid, Cataluña, etc…”.
 
Celso Dourado dixo que “nos concertos foi unha cousa parecida, os propios artistas se congratulaban de que estaban ante un público moi diverso. Nese aspecto para min é moi agradable contar con esta variedade de público e realmente síntome moi a gusto”.
 
Sobre a posibilidade de ampliación dos xardíns do Eido Dourado para acoller a gran afluencia de público nas actuacións musicais, Dourado comentou que “por unha parte posiblemente o Eido non é o sitio máis adecuado para desenrolar un concerto, pero si é o sitio no que lle prestamos unha atención moi especial ao que é a música. Temos ese debate sempre de eliminar xardín para ter maior capacidade. Seguimos co debate tanto a miña compañeira Teresa coma eu e algunhas pequenas modificacións si que imos facer, xa que nos desborda a afluencia de público. Este inverno contamos facer unha modificación e cara a vindeira tempada facer algún concerto no xardín zen, un determinado tipo de concerto. É unha zona máis complicada, pero ten máis capacidade”.