Trofeos
24/07/2024
Hoxe foron presentados os Trofeos Emma Cuervo, que organiza o Ribadeo FC coa colaboración do Concello e da Xunta. Ao acto desenvolvido esta mañá acudiron, entre outros, os concelleiros de Deportes e Obras, Francisco José Silvent e Diego Dos Santos, o técnico municipal de Deportes, Iván López, e o xefe provincial de Deportes da Xunta, Manuel Otero.
A 73 edición do Emma Cuervo Masculino terá lugar o 6 de agosto ás 19:00 horas. O trofeo será disputado entre o CD Arenteiro e a SD Ponferradina.
E a cuarta edición do Emma Cuervo Feminino celebrarase o 31 de agosto ás 18:00 horas. Xogarán o partido o Atlético Villalonga e o Real Oviedo Feminino.
21/04/2015
A pasada semana tivo lugar en Barreiros a presentación das Finais Provinciais de Fútbol Sala en categoría benxamín e alevín, organizadas polo Praias de Barreiros C.D.
Julio Rocha e Alfonso Fernández, directivos do Praias de Barreiros, estiveron acompañados na presentación por Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo e por Alfonso Fuente, alcalde de Barreiros.
As Finais Provinciais de fútbol sala en categoría benxamín e alevín disputaranse o próximo sábado 25 de abril no Pavillón Municipal de Barreiros. As semifinais de ambas categorías terán lugar ó longo da mañá, dende as 10:00 ás 13:00 horas. Pola tarde disputaranse os partidos polo terceiro e cuarto posto e as finais de categoría alevín e...
leer más