Allariz

Etiquetas:
03/12/2025

A Asociación de Veciños A Magdalena, de Xudán (A Pontenova), organiza unha excursión a Allariz para o día 13 de decembro, sábado.

“Vive un día especial descubrindo a maxia de Allariz no Nadal! Paseos, comida, compras, ambiente festivo e boa compañía”, anuncia a asociación veciñal de Xudán.

As prazas son limitadas.

23/01/2025

O Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha viaxe a Allariz (Ourense) para o día 16 de febreiro, domingo. A saída será ás 8 da mañá dende a Estación de Autobuses de Viveiro.

Os lugares de interese que visitarán son os museos do coiro, do liño e do xoguete; o convento de Santa Clara e a igrexa de San Benito; e o río Arnoia. E xantarán no restaurante Bella Vista con degustación de cocido do Entroido.

O prezo para as persoas asociadas do colectivo é de 45 euros e as que non o son deben pagar 50 euros.