Cestería
O Concello de Trabada organiza o I Encontro de Cestería da Vilapena, que se celebrará o domingo 22 de marzo.
“Trátase dunha xornada pensada para poñer en valor a artesanía tradicional e recoñecer o labor das persoas que mantiveron vivo este oficio ao longo do tempo. O encontro desenvolverase ao longo de todo o día cun amplo programa de actividades. Entre as 11:00 e as 13:00 horas terá lugar un obradoiro de cestería, con inscrición previa no Concello de Trabada ou no teléfono 982 13 50 11. Ademais, haberá demostracións de cestería a cargo de Lola Tourón, Asunción Trigo e José M. Ginzo, referentes neste oficio artesanal. Ás 12:30 horas está prevista a actuación da Asociación Amigos da Gaita Galega, e ás 13:00 horas celebrarase un acto de homenaxe a Jorge da Vilapena, un dos últimos cesteiros da parroquia e protagonista do cartel desta...
leer másO Concello de Foz iniciará este vindeiro luns, 17 de novembro, os seus cursos anuais de formación, que se desenvolverán na vila e nas parroquias do municipio durante os vindeiros cinco meses. Así o comunicou a concelleira de Servizos Sociais de Foz, Mercedes González, quen adiantou que o Concello ofertará un total de dezasete cursos en oito parroquias: San Acisclo, San Martiño, Vilaronte, Cordido, Cangas, Nois, Fazouro e a vila de Foz. As actividades versarán sobre ximnasia, pilates, zumba, ballet, cestería, bordado, costura, pintura ou internet e terán un custo de 10 euros por mes excepto nos casos dos cursos de cestería, zumba e pilates, nos que o prezo ascende a 15 euros por mensualidade. Os interesados poden anotarse xa na Casa da...
leer más






