Recintos
Ante a incidencia do coronavirus o Concello de Foz pecha doce instalacións municipais do 14 ao 28 deste mes. Anunciouno hoxe o alcalde, Fran Cajoto, a través dun bando.
En primeiro lugar o rexedor municipal envía “unha mensaxe de tranquilidade, de calma e de confianza nas autoridades sanitarias. Os protocolos van mudando e hoxe tivemos coñecemento das últimos decisións da Xunta de Galicia e do Goberno de España. Entón en referencia a iso desde o Concello tamén temos que tomar medidas para previr na medida do posible os contaxios polo COVID-19, o novo coronavirus”.
Cajoto especificou que “van quedar pechados ao público o Centro de Día de Foz, a Escola de Música Arcadio Mon, a Casa da Cultura, o Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo, o pavillón de Marzán, o campo de fútbol de Malates, a piscina...
leer más