Prisciliano

12/11/2026

Este venres, 13 de novembro, ás 19:00 horas nas escolas unitarias de San Cosme de Barreiros terá lugar a proxección do documental titulado Prisciliano e a Gallaecia, seguida dun debate-coloquio co seu director, Aser Álvarez, e co historiador e experto en Prisciliano, Diego Piay Augusto.

O Concello de Barreiros explica que “Prisciliano foi un bispo galaico do século IV que se converteu na primeira persoa condenada á morte pola Igrexa Católica na súa historia. Foi executado por herexe e a súa figura segue sendo hoxe obxecto de debate e investigación. Achégate para saber máis sobre unha das figuras máis fascinantes e esquecidas da historia de Galicia”.