Documental
O auditorio municipal de Mondoñedo acollerá o próximo día 3 de decembro a proxección da obra de ficción Vida e do documental Máis ca vida, do actor e director galego Rubén Riós. As dúas obras, segundo os seus autores, son un exemplo da posibilidade de introducir na realidade audiovisual a persoas con discapacidade, mostrando que os estereotipos non teñen razón de ser.
O Concello de Mondoñedo, que preside Elena Candia (PP), recibirá pola mañá a Rubén Riós, que, seguidamente, participará nunha master classpara Emergal Ensino SL na cidade episcopal, dedicada aos alumnos do certificado de profesionalidade en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.
Á proxección no auditorio, ás 18.00 horas, está prevista a asistencia, ademais do director, do actor e actriz protagonistas, respectivamente,...
leer másTrailer da curta documental Eido Dourado: http://intruso.eu/eidodourado.html
Logo do peche do espazo privado de arte ‘Eido Dourado’, verá a luz o traballo documental co mesmo título, que rende homenaxe “á persoa é á obra” do pintor mariñán Celso Dourado.
A estrea de Eido Dourado é unha celebración da creatividade e a vida, na que se dan cita as voces de persoas que o coñecen para falar da persoa e do artista. O filme conta con imaxes inéditas gravadas ao longo de varios anos. Pero, sobre todo, é o esbozo dun creador único, no que sobresae a propia voz de Celso para amosarnos que non existe maior tesouro na existencia que atopar un lugar, o verdadeiro fogar dun mesmo, e habitalo.
A curta documental dirixida por Martín G. Rodil serve asemade como homenaxe ao...
leer másA TIC da Deputación contribuirá a preservar a cultura pesqueira do Concello de Viveiro coa elaboración de audiovisuais que formarán parte de Vivemar, o proxecto sociocultural que promove o Goberno viveirense para a promoción e divulgación dos valores do mar e dos ríos deste municipio da Mariña, prestando especial atención á memoria das persoas vivas. O Presidente do Executivo Provincial, Darío Campos Conde, a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, e o Concelleiro do Mar, Jesús Fernández Fernández, acompañados por Lucas Requejo de Vivemar, presentaron este xoves esta colaboración, pola que a TIC gravará a testemuña dos protagonistas en primeira persoa.
Campos Conde anunciou que “esta colaboración arranca coa entrevista a Paco Alonso, armador e patrón de 94 anos que é todo un referente no porto de Celeiro”. O máximo responsable...
leer más- « primero
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4