Xoves
Este próximo xoves, 19 de outubro, volve o Sanci Tapeando á hostalería de San Ciprián, coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita gastronómica, na que participan a cafetería Aquelarre, Cervecería Las Titas, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, A Bodega de Ana e a Pizzería O Trasgo, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, polo edil de Turismo, David Rodríguez, e por unha representación dos locais que se sumaron á proposta.
Cada semana os establecementos participantes nesta iniciativa que botou a andar no ano 2018, ofrecerán unha tapa diferente e elaborada a un prezo de 2,5 euros.
Os clientes dos xoves, terán a posibilidade de participar nun sorteo de dous vales, de 200 e de 100 euros, para consumir nos locais participantes.
As propostas para este...
leer másVolta o Juepeo, os Xoves en Viveiro Tapeo. Este xoves 5 de Outubro arrinca unha nova edición desta campaña, trala parada nos meses de verán.
Serán 14 os participantes desta nova edición, O Muro Restaurante, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Cornelius, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro, La Tortilla Maravilla e como nova incorporación únese Las Delicias de Belkis, un local de recente apertura.
Ofrecerán tódolos xoves unha tapa ó prezo de 3€. Esta xa é a novena edición que se pon en marcha, unha iniciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentándose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxectivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do...
leer másDesde o CCH de Viveiro sinalan: “xa estamos de volta co Juepeo, os Xoves en Viveiro Tapeo. Este 6 de outubro arrinca unha nova edición desta campaña, trala parada nos meses de verán”.
Serán 12 os participantes desta nova edición, Restaurante O Muro, Vinoteca Los Leones, El Tigre, Restaurante Casa Pepi, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Pulpería O Panadeiro e Heladería Puerta Real que son os que poñen a nota dulce nestes Juepeos.
Ofrecerán tódolos xoves unha tapa ó prezo de 2,50€. Esta xa é a oitava edición que se pon en marcha, unha iniciativa que foi moi ben acollida polo público e que pouco a pouco foi medrando e asentándose como a alternativa de ocio para os xoves. O obxectivo desta campaña é dinamizar os negocios de hostalaría do...
leer másEn cinco establecementos hostaleiros de San Ciprián (Bar Aquelarre, Mesón A Bodega, Pizzería Las Titas, Terraza O Noso Lar e Bar O Faro) desenvólvese a ruta de tapas SanciTapeando todos os xoves desde o 6 de outubro ata o 15 de decembro. O prezo por tapa é de 2,50 euros.
Entre os participantes na ruta sortearanse dous premios: vales de 200 e de 100 euros para gastar nos locais participantes.
Este evento gastronómico organízase coa colaboración do Concello de Cervo.
Este xoves, 20 de xaneiro, comeza unha nova edición de Sanci Tapeando nos bares de San Ciprián.
Será desde o 20 de xaneiro ao 26 de maio todos os xoves. Os establecementos participantes son: Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Aquelarre, Cervecería Las Titas e Mesón A Bodega.
Como premios haberá dous vales de 200 euros e 100 euros respectivamente, para gastar nos locais participantes.
O prezo das tapas é de 2,50 euros.
O Concello de Cervo segue colaborando na iniciativa Sanci Tapeando, que se leva a cabo todos os xoves deste mes de novembro en sete establecementos hostaleiros de San Ciprián.
Os locais participantes ofrecerán tapas ao prezo de 2 euros, que serán diferentes os vindeiros días 12, 19 e 26. Sortearanse entre os asistentes dous vales por importe de 180 e de 100 euros para gastar nos establecementos que levan adiante esta campaña.
Participan en Sanci Tapeando: Café-Bar O Faro, Mesón A Bodega, Cervecería O Encontro, Café-Bar Maruxaina, Pizzería O Trasgo, Cervecería Las Titas e Terraza O Noso Lar.
Este xoves, 1 de outubro, regresa Sanci Tapeando coa degustación de diferentes receitas culinarias en 7 locais hostaleiros da vila. O prezo será de 2 euros. Haberá 2 premios de 180 e de 100 euros en vales para gastar nos locais participantes nesta cita gastronómica que se desenvolverá todos os xoves de outubro en San Ciprián.
A proposta para este primeiro día da nova tempada é:
- Café bar O Faro: flamenquín con cebola caramelizada
- Mesón A Bodega: desmigado de peixe
- Café Bar Maruxaina: filloas recheas de ourizo
- Pizzería O Trasgo: taquiños de polo con dúas salsas
- Cervecería Las Titas: delicias de xamón serrano
- Terraza O Noso Lar: bacallau á nata
(Cervecería O Encontro tamén se suma á iniciativa pero a partir do xoves 15 de outubro incluído)
As fotografías das...
leer másO mesmo foi presentado este mediodía polo alcalde, Demetrio Salgueiro, e as concelleiras de Xuventude e Deporte e Servizos Sociais, Cristina Iglesias e Ana Abad, respectivamente.
Trátase na súa maioría de actividades deportivas. É un programa moi amplo, que van a complementar outro programa “Verán Xove2018”, que xa está en marcha.
As actividades que se van desenvolver en OCIO ALTERNATIVO, son:
- FÚTBOL-SALA 3x3: 10, 11 e 12 de xullo, a partir das 22:00 no pavillón de deportes.
- BALONCESTO: 17 de xullo, a partir das 22:00 no pavillón de deportes.
- NOITE DA ORIENTACIÓN: 18 de xullo a partir das 22:00, na praza do Concello.
- RUTA NOCTURNA EN KAIAKS: 19 de xullo a partir das 22:00, Portiño de Morás
- FÚTBOL-PRAIA 3X3: 23, 24, 26 DE XULLO, a partir das 16:30, na...
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia a posta en marcha dunha campaña de promoción dos mercados dos xoves na localidade coa que se pretende incentivar tamén o comercio local.
A través de distintos soportes, como os medios de comunicación ou as redes sociais, o Goberno local destinará esta acción a poñer en valor as alternativas para mercar, así como as de ocio que ten Mondoñedo. Trátase, segundo explica a rexedora, de facer unha campaña “que conciencie da importancia de mercar no comercio local e capaz de atraer visitantes, nomeadamente para potenciar os mercados dos xoves”.
Desde o Concello destacan a importante variedade de produtos que se poñen á venda neses mercados, todos de primeira calidade. Á froita, produtos da horta, roupa, entre outros, vén de engadirse hai un ano un servizo de pulpeiro,...
leer más