Xoves
O mesmo foi presentado este mediodía polo alcalde, Demetrio Salgueiro, e as concelleiras de Xuventude e Deporte e Servizos Sociais, Cristina Iglesias e Ana Abad, respectivamente.
Trátase na súa maioría de actividades deportivas. É un programa moi amplo, que van a complementar outro programa “Verán Xove2018”, que xa está en marcha.
As actividades que se van desenvolver en OCIO ALTERNATIVO, son:
- FÚTBOL-SALA 3x3: 10, 11 e 12 de xullo, a partir das 22:00 no pavillón de deportes.
- BALONCESTO: 17 de xullo, a partir das 22:00 no pavillón de deportes.
- NOITE DA ORIENTACIÓN: 18 de xullo a partir das 22:00, na praza do Concello.
- RUTA NOCTURNA EN KAIAKS: 19 de xullo a partir das 22:00, Portiño de Morás
- FÚTBOL-PRAIA 3X3: 23, 24, 26 DE XULLO, a partir das 16:30, na...
A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia a posta en marcha dunha campaña de promoción dos mercados dos xoves na localidade coa que se pretende incentivar tamén o comercio local.
A través de distintos soportes, como os medios de comunicación ou as redes sociais, o Goberno local destinará esta acción a poñer en valor as alternativas para mercar, así como as de ocio que ten Mondoñedo. Trátase, segundo explica a rexedora, de facer unha campaña “que conciencie da importancia de mercar no comercio local e capaz de atraer visitantes, nomeadamente para potenciar os mercados dos xoves”.
Desde o Concello destacan a importante variedade de produtos que se poñen á venda neses mercados, todos de primeira calidade. Á froita, produtos da horta, roupa, entre outros, vén de engadirse hai un ano un servizo de pulpeiro,...
leer másO vindeiro xoves, 13 de xullo, darán comezo en Mondoñedo os Seráns de Lecer, que terán lugar os xoves durante o verán.
Trátase dunha novidosa iniciativa que pon en marcha o Concello mindoniense e que está prevista para as 20:00 horas. Deste xeito a entidade local amplía a súa oferta lúdica para estes meses de verán.
Seráns de Lecer estará formada por diversas actividades de teatro e música, así como por outras accións destinadas a humanizar as rúas e que xente poida gozar das actuacións.