Abertos

Etiquetas:
27/08/2025

Este 28 de agosto Ribadeo énchese de música, xogos e descontos co último Xoves Aberto de Acisa. Haberá música na rúa San Francisco e na zona vella, a ruleta da sorte tamén na rúa San Francisco, propostas refrescantes na hostalería local, descontos en tendas e o deslizador xigante de Acisa.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “como xa se puido comprobar os pasados xoves, esta iniciativa enche as rúas da vila de música en vivo e permite a veciños e visitantes gozar de descontos e promocións especiais nos comercios adheridos, que contan con horario especial de peche, presentando o multipase da campaña. A actividade forma parte da programación especial O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Ademais contaremos tamén con propostas moi refrescantes na hostalería local. Dende Acisa queremos pechar estes Xoves Abertos por todo o alto...

leer más
Etiquetas:
20/08/2025

Segundo Xoves Aberto este 21 de agosto, organizado por Acisa Ribadeo con música na zona vella, a ruleta da sorte nas Catro Rúas e propostas refrescantes na hostalería local. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifesta: “como xa se puido comprobar o pasado xoves, esta iniciativa enche as rúas da vila de música en vivo e permite a veciños e visitantes gozar de descontos e promocións especiais nos comercios adheridos presentando o multipase da campaña. A actividade forma parte da programación especial O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Ademais contaremos tamén con propostas moi refrescantes na hostalería local. O xoves pasado deixounos moi bo sabor de boca e agardamos repetir mañá”.

O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “os Xoves Abertos son unha oportunidade para vivir Ribadeo dunha maneira diferente...

leer más
Etiquetas:
14/08/2025

Acisa Ribadeo inicia unha nova edición dos Xoves Abertos, que se desenvolverán os días 14, 21 e 28 de agosto. 

A presidenta do colectivo empresarial, Carmen Cruzado, anunciou: “esta iniciativa encherá as rúas da vila de música en vivo e permitirá a veciños e visitantes gozar de descontos e promocións especiais nos comercios adheridos presentando o multipase da campaña. A actividade forma parte da programación especial O noso comercio é vida, vive Ribadeo. Ademais contaremos con propostas moi refrescantes na hostalería local”.

O xerente de ACISA, Jesús Pérez, sinalou que “os Xoves Abertos son unha oportunidade para vivir Ribadeo dunha maneira diferente, desfrutando das nosas tendas, da nosa hostalaría e da nosa música. É un impulso para o comercio local e unha invitación a descubrir todo o que a vila ofrece”.

... leer más