San Martiño
A parroquia de San Martiño, no municipio de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 17 de xullo, ata o domingo 19.
As actividades comezarán o venres ás 21.00 horas cunha pancetada. E desde as 22.30 horas haberá verbena co grupo Fénix e a orquestra Fania Blanco Show.
O sábado ás 13.30 horas celebrarase misa e despois, procesión e sesión vermú amenizada polo grupo JB Son, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Los Satélites.
E o domingo haberá misa ás 13:30, procesión e sesión vermú co grupo Diavolinos.
San Martiño e Figueiras, no municipio de Mondoñedo, celebran as festas na honra a Santa Isabel esta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de xullo.
As actividades comezarán o sábado ás 13.00 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra Escaparate, que tamén amenizará a verbena xunto a un DJ
E o domingo ás 13.00 horas celebrarase misa solemne, procesión e seión vermú co trío Merengue.
A organización destaca que o campo da festa estará cuberto con carpa.
O grupo teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), anuncia que celebra os seus dez anos de existencia estreando a súa oitava representación teatral. Trátase da obra titulada O Autobús, “unha comedia con momentos para a reflexión, escrita por Pepe Peinó, cuxa acción ten lugar no interior dun autobús”. A estrea terá lugar no centro social de Ferreira Vella, en San Martiño, lugar onde o grupo fai os seus ensaios, este sábado, día 11 de abril, ás 20:30 horas, con entrada de balde.
O Centiño explica que nesta obra “sete actores dan vida a diversos personaxes: unha turista inglesa, un xubilado, un gandeiro do rural galego, unha esteticista, un ama de casa e un profesor, acompañados, como é natural, polo chofer do autobús. Preséntase a viaxe como unha metáfora da vida, que se lle parece moito, con diversos sucesos e paradas, con diversa...
leer másA Banda de Música e a Coral Polifónica focegas ofrecerán un concerto sacro na Basílica de San Martiño. Será este sábado, día 28 de marzo, ás 20:00 horas.
A entrada para asistir a este evento musical é de balde.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, fará o día 9 de agosto, sábado, unha ruta desde a parroquia focega de San Martiño ata A Frouxeira. A saída será ás 09:00 horas desde a capela do Carme.
O prazo para anotarse remata o 8 de agosto e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de 15 quilómetros e con dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
A parroquia de San Martiño, no concello de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 18 de xullo, ata o domingo 20.
As actividades comezarán o venres as 20:30 horas cunha actuación de Batucada Kombarullo; ás 21:00 horas haberá pancetada e ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o grupo Fénix e a orquestra New York.
O sábado celebrarase misa ás 13:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, co grupo JB SON, que tamén amenizará a verbena xunto ao Grupo Beatriz.
E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Toxo Guayaba.
A Banda de Música de Foz e a Coral Polifónica de Foz ofrecerán un concerto sacro na Basílica de San Martiño de Mondoñedo, parroquia do municipio focego. Será este sábado, día 12 de abril, ás 19:30 horas.
A entrada para este evento musical é de balde.
O grupo teatral O Centiño, da parroquia focega de San Martiño, representará a obra titulada Trepa, Tripa e Tropa no Local Social de Bravos (Ourol) este domingo, día 23 de marzo, ás 18:30 horas.
A Asociación Cultural Recreativa Deportiva Aturuxeiros, de Bravos (Ourol) explica: “esta nova obra de O Centiño fainos reflexionar sobre os defectos humanos que nos afastan da felicidade. Cunha boa dose de humor e mensaxe, seguimos explorando o teatro que nos fai rir... e pensar. Dende 2015 este grupo de San Martiño leva enchendo os escenarios con comedia e reflexión. Agora presentan unha historia sobre humildade, bondade e o que realmente importa. Humor, teatro e mensaxe! Entrada con Taquilla inversa”.
O grupo de teatro O Centiño, de San Martiño (Foz), representará a obra Trepa, Tripa e Tropa na Casa da Cultura de Alfoz o día 15 de marzo, sábado, ás 20:00 horas.
“Unha comedia divertida para todos os públicos que nos fará reflexionar sobre os defectos humanos e o que realmente significa conquistar a vida. Un espectáculo máxico e cheo de aprendizaxes!”, anuncia o Concello de Alfoz.
O grupo teatral O Centiño, de San Martiño (Foz), representará a obra titulada A morte morrida en Trabada o día 1 de febreiro, sábado. Será ás 21:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura, con entrada de balde.
Esta actividade está incluída no ciclo teatral organizado polo Concello de Trabada que recomenda: “non perdas esta oportunidade para gozar dunha noite de teatro única e chea de emocións”.












