San Martiño

Etiquetas:
19/05/2022

O grupo teatral O Centiño de San Martiño, de Foz, estrea a obra A morte morrida. A representación terá lugar o 29 de maio ás 19:00 horas no local social de Ferreiravella, en San Martiño. Haberá prazas limitadas.

A obra aborda o tema da xubilación e da morte para crear unha mestura que podería semellar macabra pero que remata sendo divertida. Conta a historia de Crispín quen ven de xubilarse no banco e está deprimido. Non soporta a inactividade da súa forma de vida e cre adiviñar que así, sen estímulo para vivir, a morte virá buscalo axiña. Faille a vida imposible a súa muller Benilde e o seu amigo Reigosa tenta animalo para recuperar o ánimo.

 

Etiquetas:
02/10/2021

Hai uns días tivo lugar a inauguración da ampliación do contido do centro de interpretación da Basílica de San Martiño. “Trátase de 4 paneis informativos que fan referencia a elementos de difícil exposición non antes sinalados que, pola importancia que teñen, non podían faltar e así amplificar a visión dos visitantes desta maxistral peza artística que é a Basílica. Os paneis están expostos nas salas do primeiro andar e a sala do Bispo, que estaban escasamente dotadas”, explica o concelleiro de Turismo, Chema Linares.

O edil especifica que “na primeira sala colocáronse dous paneis enfrontados, nos que atopamos despregada a representación iconográfica das ábsidas laterais do templo, discernidas como capela norte, a do calvario e capela sur, a da virxe María, decoradas ambas con pintura barroca, datada de finais do século XVI. Con esta...

leer más
Etiquetas:
29/04/2021

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, acompañado da Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, o Alcalde de Meira, Antonio de Dios, o Concelleiro de Comunicación e Relación Institucionais do Concello de Foz, Carlos García, e representantes dos guías de turismo que realizarán as actividades, presentou nos Xardíns do Pazo de San Marcos o programa de actividades que a institución provincial pon en marcha con motivo do Día da Transrománica. Esta iniciativa, que celebra a súa xornada internacional o domingo 9 de maio, contará na provincia con 14 rutas que se levarán a cabo nunha xornada de portas abertas ao románico da provincia.

Os itinerarios serán de balde e cun máximo de 8 persoas por visita, e estarán dirixidos  por un guía oficial de turismo. No caso de Meira e de Foz, os concellos...

leer más
Etiquetas:
17/03/2019

O vindeiro mércores, 20 de marzo, celebrarase na Basílica de San Martiño en Foz, un encontro con representantes de Veszprém, en Hungría.

A xornada inaugurarase ás 17:00 horas, coa intervención do alcalde de Foz, Javier Castiñeira. Despois intervirán a Directora Xeral do Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia, Mª Carmen Martínez Ínsua, e o bispo da Diócese Mondoñedo-Ferrol, Luis Ángel de las Heras.

Ás 17:15 horas dará comenzo a ponencia sobre Veszprém: sacralidade, cultura e turismo, que presentarán: Balázs Karlinszky, representante do Arcebespado de Veszprém; Beáta Bérczi, directora da Oficina de Turismo de Veszprém; e Szilvia Görbicz, directora de márketing da Oficina de Turismo de Veszprém.

O encontro clausurarase, ás 18:15 horas, coa conferencia titulada San Martiño de Dumio que...

leer más
Etiquetas:
24/07/2018

A restauradora Blanca Besteiro García ofrecerá unha conferencia obradoiro sobre a recuperación das pinturas murais da basílica de San Martiño.

O acto está programado para este venres, día 27, ás 17:00 horas no salón de actos do Centro de Interpretación de San Martiño de Mondoñedo, no municipio de Foz.

 

Etiquetas:
20/03/2018

A programación da Semana Santa de San Martiño, organizada pola Confraría do Desencravo coa colaboración do Concello de Foz, comeza este sábado co pregón a cargo de Ramón Otero Couso, cóengo da catedral de Mondoñedo e párroco da concatedral de Ferrol. Dentro das actividades inclúense os concertos da Semana de Música Xosé Alonso, que cumpre a súa décimo quinta edición.

Na presentación dos actos participou o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, quen destacou que “esta Semana Santa rural, tan coñecida e vinculada a un dos eixos do noso patrimonio como é a basílica de San Martiño de Mondoñedo, que é a catedral máis antiga de España, loxicamente faina especial. Ademais os numerosos actos relixiosos que se organizan durante todos estes días estarán acompañados coas actividades da Semana de Música Xosé Alonso”.

O...

leer más
Etiquetas:
30/03/2017

Os actos incluídos na programación da Semana Santa de San Martiño, que será pregoada polo bispo de Mondoñedo-Ferrol o 8 de abril, desenvolveranse ata o día 16 dese mes. A programación foi presentada na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, por membros da directiva da Confraría do Desencravo, presidida por Silvia Blach Cuesta, que ademais é concelleira de Cultura e irmá maior desa confraría. No acto participou tamén o alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira.

Silvia Blach explicou: “a Confraría do Desencravo de San Martiño de Mondoñedo xunto co alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, fixemos a presentación da programación da Semana Santa deste ano e á súa vez a Semana da Música Xosé Alonso, que xa vai na súa décimo cuarta edición e coa que colabora o Concello de Foz na súa realización xunto coa Confraría do Desencravo. Na...

leer más
Etiquetas:
19/03/2017

O grupo teatral O Centiño, de San Martiño, vai estrear a súa segunda obra, titulada "Zume de amorodios".

Trátase dunha reflexión sobre o amor e sobre os odios que o acompañan. A obra é orixinal de Pepe Peinó. A estrea terá lugar o vindeiro sábado, 25 de marzo, no local social de Ferreiravella, en San Martiño, a partir das 20:30 horas.

Etiquetas:
13/03/2017

A escritora compostelá Iolanda Aldrei presentará a súa última publicación en San Martiño (Foz). "O Segredo de Sheela na Gig" conta con ilustracións da propia autora e está editado polo selo Sons da Terra Verde. 

Iolanda Aldrei forma parte do colectivo literario “A porta verde do sétimo andar” e ten participado o verán pasado na “Ponte literaria” (encontro estival de escritores no Valadouro), así como no recital “Memoria do mar de Foz”, celebrado tamén no verán de 2016.

Do mesmo xeito, foi unhas das participantes no proxecto literario-fotográfico Aldeas sen voz, publicación colectiva que xorde inspirada nas terras do municipio da Pontenova.

O evento deste sábado ás 18 horas, que será presentado por Lionel Rexes, terá lugar no Espazo Caritel, o complexo artístico-botánico xurdido arredor do...

leer más
Etiquetas:
07/03/2016
A Semana Santa de San Martiño, en Foz, iniciará os seus actos o vindeiro 19 de marzo co pregón que pronunciará Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diócese de Mondoñedo-Ferrol.
 
Os actos da Semana Santa de San Martiño, de Foz, que se presentaron o pasado sábado, principiarán o próximo 19 deste mes. Ese día, Sábado de Paixón, ás oito menos cuarto da tarde, terá lugar no Centro Social do Caritel a recepción na honra das autoridades, confrades, convidados e veciños. Ás oito na Basílica de San Martiño dará lectura ao Pregón da Semana Santa Antonio Rodríguez Basanta, administrador da Diocese de Mondoñedo-Ferrol. A continuación terá lugar a apertura dunha nova edición da Semana de Música Xosé Alonso a cargo do alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e seguidamente ofrecerá un concerto a Coral Polifónica de Foz. Nese acto farase entrega dos pergamiños de confrades de honra da Confraría do Desencravo a María Mónica Irimia Labrada, José Ramón Vila Otero e Ramón Sánchez Martínez. Posteriormente terá...
leer más