Festas do Carme
A parroquia de Nois, no municipio de Foz, celebra as festas na honra á Virxe do Carme desde este venres, 31 de xullo, ata o domingo 2 de agosto.
As actividades comezarán o venres ás 15:00 cun torneo de fútbol 3x3 junior, sub-12 e sub-18. Desde ás 18:00 horas haberá festa infantil gratuíta con colchonetas, festa da escuma e DJ Puzzle Animación.
O Sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión arredor da Igrexa acompañada polo Coro de Nois. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate, que tamén actuará na verbena. E ás 00:00 horas, Noite Meiga con queimada gratis e sorteos.
E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne acompañada do coro Mar Aberto e procesión ata o porto. E ás 14:30 horas comezará unha sesión vermú co grupo Fusión Latina....
leer másVilela, no municipio de Ribadeo, celebra as festas da Nosa Señora do Carme este sábado, día 25 de xullo.
As actividades comezarán ás 12:30 horas con procesión coa Nosa Virxe do Carme, a Virxe das Dores e San Marcos acompañada por gaiteiros. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú co dúo De Festa e ás 15:00 horas, quinto xantar de irmandade Camiño Norte de Vilela.
De 17:00 a 20:30 horas haberá festa para nenos e nenas con inchables (tobogán, rocódromo, selva, casita de bolas), toro mecánico, etcétera.
Ás 18:00 horas volverá o dúo De Festa e haberá un sorteo sorpresa durante a actuación.
E ás 22:00 horas comezará a verbena co dúo Belinda e o grupo La Noria.
Ribadeo celebrará as festas do Carme esta semana, venres 17 e sábado 18 de xullo, na zona portuaria de Porcillán. Entre os actos previstos destaca a actuación de Fábula, tributo ao mítico grupo Mecano.
As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas con verbena amenizada polo grupo Pekados e o DJ Brais GZ.
E o sábado ás 13:45 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Fortuna. Ás 19:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa da Atalaia. E despois, procesión coa imaxe da Virxe do Carme dende a Atalaia ata o porto de Porcillán, para realizar a procesión marítima. Irá acompañada pola agrupación musical Dambara-Santo Inocencio, de Burela, que fará un concerto durante a procesión marítima para a xente que non poida embarcar e de volta ó porto tocará a Salve Mariñeira. A procesión marítima irá acompañada polo...
leer másA parroquia de San Martiño, no municipio de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 17 de xullo, ata o domingo 19.
As actividades comezarán o venres ás 21.00 horas cunha pancetada. E desde as 22.30 horas haberá verbena co grupo Fénix e a orquestra Fania Blanco Show.
O sábado ás 13.30 horas celebrarase misa e despois, procesión e sesión vermú amenizada polo grupo JB Son, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Los Satélites.
E o domingo haberá misa ás 13:30, procesión e sesión vermú co grupo Diavolinos.
Viveiro celebra as festas do Carme no barrio da Pescadería desde este xoves, día 16 de xullo, ata o domingo 19.
A comisión organizadora destes festexos anuncia que “Viveiro prepárase para vivir unha das fins de semana máis especiais do verán, chea de tradición, música, gastronomía e, sobre todo, de momentos para compartir coa familia e cos amigos. Do 16 ao 19 de xullo, agardámosvos nas Festas do Carme da Pescadería, cun programa pensado para que todos poidamos gozar desta celebración tan nosa. Haberá actos relixiosos, pasarrúas cos xigantes e cabezudos, sesións vermú e grandes verbenas coa orquestra Trova da Mariña, ademais dos dúos Boreal e Vivarium”.
O Concello de Cervo anuncia que San Ciprián volverá render homenaxe á Virxe do Carme cun amplo programa de actividades que se desenvolverá entre os días 11 e 18 de xullo.
As celebracións arrancarán este sábado, día 11 de xullo, coa tradicional Gran Mexillonada Popular, organizada pola Asociación Amigos da Maruxaina, na Praza dos Campos, a partir das 20:00 horas.
O mércores 15, primeiro día grande das festas, haberá sesión vermú coa orquestra Supertop. Pola tarde celebrarase a misa solemne na igrexa parroquial de Lieiro, cantada pola Coral Terramar, á que seguirá a tradicional baixada da Virxe do Carme ata o peirao, organizada pola asociación Mar de San Ciprián, acompañada pola Banda San Inocencio de Burela e polo grupo de gaitas de A Rebolaxe. “Durante este emotivo acto renderase unha homenaxe a Luis Orive López...
leer másA parroquia de Santa Cilla, no municipio de Foz, celebrarás festas na honra da Virxe do Carme esta fin de semana, desde o venres 10 ata o domingo 12 de xullo.
As actividades comezarán o venres ás 21 horas con Churrascada e Chourizada amenizada polo grupo Lume e a orquestra Capitol.
O sábado ás 14 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Montreal, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo La Tremenda.
E o domingo ás 13 horas celebrarase misa solemne, procesión e sesión vermú no campo da festa a cargo do dúo Belinda, que tamén ofrecerá unha sesión de tarde desde as 19 horas.
A organización dos festexos tamén anuncia que o domingo a partir das 19 horas haberá inchables gratis para os nenos, que o recinto estará cuberto con carpa e que dispoñen de amplos...
leer másA parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará as festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, o sábado 2 e o domingo 3 de agosto.
As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e despois procesión arredor da igrexa acompañada por un grupo de gaitas. A continuación, sesión vermú co grupo Montreal. Ás 20:00 horas haberá churrascada e ás 22:30 empezará a verbena amenizada polo grupo Montreal. E desde as 00:00 horas haberá Noite meiga con queimada e sorteo.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro e procesión ata o porto. Tamén haberá sesión vermú co grupo Lecer.
A parroquia de San Martiño, no concello de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 18 de xullo, ata o domingo 20.
As actividades comezarán o venres as 20:30 horas cunha actuación de Batucada Kombarullo; ás 21:00 horas haberá pancetada e ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o grupo Fénix e a orquestra New York.
O sábado celebrarase misa ás 13:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, co grupo JB SON, que tamén amenizará a verbena xunto ao Grupo Beatriz.
E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Toxo Guayaba.
A parroquia de Mor, en Alfoz, celebra as festas do Carme os días 13 e 16 de xullo, domingo e mércores.
A asociación veciña de Mor anuncia: “o próximo domingo, 13 de xullo, tedes unha cita no atrio de Mor: misa ás 13 horas; sesión vermú amenizada polo grupo Lume; en sesión de tarde baile amenizado polo Grupo Lume. Tamén contaremos con actividades gratuítas para os máis pequenos da casa”.
E o día do Carme, 16 de xullo, haberá misa ás 10 horas e ás 13:00, procesión e de seguido sesión vermú a cargo da banda de gaitas da Agrupación Cultural e Musical Dambara.












