FITUR
Ribadeo con vida todo o ano é a estratexia coa que o Concello acudirá a Fitur 2026 esta semana.
O alcalde, Dani Vega, indicou que “Ribadeo acude a Fitur baixo unha estratexia conxunta, unha estratexia como vila, como concello, pero evidentemente traballando conxuntamente coa Mancomunidade, coa Mariña, e tamén baixo unha estratexia conxunta con Galicia, entendendo que Ribadeo é esa capital do encontro entre Galicia e Asturias. E debemos saber aproveitar todas esas oportunidades que nos dá ser a porta de entrada a Galicia e ese espazo do entendemento entre Galicia e Asturias”.
O rexedor manifestou: “Ribadeo con vida todo ano. É unha mensaxe clara que ten este Concello porque evidentemente Ribadeo leva traballando anos para que haxa vida todo ano, que haxa actividade todo ano e tamén entendendo que hai que...
leer másAcisa estará presente en FITUR 2026 coa súa nova marca turística, Ribadeo, o teu próximo destino, unha campaña coa que a entidade quere reforzar a promoción do municipio como destino turístico de referencia.
Tal e como explicou a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, “chega unha nova edición da Feira Internacional de Turismo e, como non pode ser doutro xeito, Acisa estará presente durante tres días xunto o Concello de Ribadeo”. E subliñou que “Acisa leva asistindo a esta feira desde practicamente a súa fundación hai 37 anos, xa que somos a entidade que representa ao sector turístico do municipio e súa promoción forma parte da nosa labor fundacional, así como dar visibilidade ao tecido comercial, hostaleiro e turístico de Ribadeo, establecer contactos profesionais, fortalecer relacións con outras entidades e coñecer de primeira man...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará o vindeiro 22 de xaneiro en FITUR A Mariña, unha viaxe á identidade, unha proposta que pon en valor o poder sanador do mar, do goce do tempo e do turismo de benestar e consciente, tendo como protagonistas ás Carolas ou Canouras, consideradas as primeiras turistas da Mariña. A finais do século XIX e sobre todo no século XX, estas mulleres procedentes dos municipios do interior da provincia chegaban ata a costa da Mariña para tomar os “baños de mar”, unha tradición que se afianzou, xa fose por prescrición médica ou por recomendación de persoas coñecidas.
A presidenta da Mancomunidade, Rocío López, explicou que “esta homenaxe á figura das Carolas forma parte das propostas turísticas que vén desenvolvendo a Mancomunidade ao abeiro do PST e que afonda na identidade do territorio a través...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentará o vindeiro xoves, 23 de xaneiro, a súa nova campaña de comunicación interna A Mariña latexa contigo, nun acto que terá lugar no stand de Galicia en FITUR. Autoridades, prensa especializada, turoperadores e profesionais do sector terán a oportunidade de coñecer de primeira man esta nova acción, coa que se da un paso máis na posta en valor do territorio.
A presentación oficial terá lugar a partir das 16:30 horas no stand de Galicia en FITUR (pavillón 9 do recinto feiral IFEMA) nun acto no que participará a vicepresidenta da Mancomunidade, Ana Ermida, e representantes da Xunta de Galicia, Deputación de Lugo e da Delegación do Goberno en Galicia.
Na cita abordarase tamén a evolución dos proxectos que se están desenvolvendo no destino no contexto do Plan de...
leer másAcisa está presente desde hoxe en Fitur 2024 xunto ao Concello, conformando a delegación ribadense nesta importante Feira Internacional de Turismo, que se celebra en Madrid.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explica que “participaremos en reunións de traballo con diversos operadores e axencias turísticas, na procura de dar a coñecer os proxectos do Concello de Ribadeo no ámbito do turismo co que asistimos conxuntamente a esta feira, establecer acordos e puntos de colaboración con intermediarios e outros destinos, así como favorecer a difusión de Ribadeo como un destino de calidade visitable durante todo o ano, poñendo en valor tamén as campañas e marcas turísticas de Acisa, que complementan as do Concello de Ribadeo”.
Pérez Prada indica que “desde Acisa traballamos diariamente para fidelizar ás persoas que veñen...
leer másO Concello de Burela participa este ano en Fitur para promocionar os atractivos da vila como destino turístico de natureza e para as familias.
A alcaldesa de Burela, Carmela Lopez, e o concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, participarán en varias actividades e manterán reunións cos touroperadores presentes en Fitur, unha das feiras turísticas máis importantes do mundo.
“Desde a pandemia, cada vez hai un maior interese polos destinos como Burela, onde ofrecemos natureza, gastronomía e desconexión para toda a familia”, asegura Carmela López.
Ademais, Burela participará nas actividades previstas en Fitur pola Mancomunidade de Concellos da Mariña, como a presentación do seu novo vídeo promocional, ‘A Mariña, Galicia de corazón’.
“É moi satisfactorio ver o interese...
leer másRibadeo, a contrapunto. A nova marca turística será presentada mañá, día 25, na Casa de Galicia en Madrid. Será a xornalista e escritora Sonsoles Ónega a encargada de amosarlle ao mundo a través de 28 frases asociadas a recursos a excepcionalidade de Ribadeo.
O acto dará comezo ás 21:00 horas. E no mesmo intervirán tanto o alcalde, Dani Vega, como a concelleira de Turismo, Marta Saiz, que incidirán en que Ribadeo ten un carácter propio, marcado pola súa historia, pola súa tradición, pola súa cultura e pola súa xeografía: “todo iso permítenos bailar ao noso ritmo, a contrapunto”.
Na Casa de Galicia está prevista a proxección dun vídeo no que os asistentes gozarán dun territorio con grande personalidade e dinamismo propios, onde o movemento e a tranquilidade están en perfecto equilibrio.
... leer másTras presentar a marca turística e de territorio A Mariña. Galicia de corazón o pasado 15 de xaneiro a Mancomunidade de Concellos levará a FITUR 2024 esta nova proposta de identidade e presentará a campaña de comunicación Toma o teu tempo ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.
Toma o teu tempo será presentada a través dunha peza audiovisual que formará parte do acto A Mariña. Galicia de corazón que a Mancomunidade realizará o vindeiro xoves, 25 de xaneiro, ás 16:30 horas no stand de Galicia en FITUR. Neste evento, intervirá a presidenta da Mancomunidade, Rocío López, acompañada polo delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, a directora da Área de Promoción da Axencia Turismo de Galicia, Carmen Pita e o presidente da Deputaicón de Lugo, José Tomé para introducir a campaña e para amosar tamén a...
leer másA Casa de Galicia en Madrid acollerá o 19 de xaneiro a presentación da XIX Feira Monográfico Náutico-Pesqueira Expomar. Será nun acto ás sete da tarde e ao que foron convidadas un cento de persoas, segundo deu a coñecer o alcalde, Alfredo Llano. Despois haberá unha degustación de peixe de Burela patrocinada pola Consellería do Mar.
O rexedor dixo que “estamos moi ilusionados con esta cuestión porque é unha oportunidade de poder presentar unha feira destas características, importante para Burela, na Casa de Galicia en Madrid. Falei co responsable e non houbo pega ningunha para organizar esta presentación para o día 19 deste mes as sete da tarde”.
Llano considera que “este ano debe ser unha feira exposición náutico pesqueira exemplar, ata onde nosoutros poidamos chegar. Hai que darlle moita importancia á pesca,...
leer másA Mariña Lucense volverá estar presente en Fitur do 18 ao 22 de xaneiro da man de Turismo de Galicia presentando a nova campaña turística: Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia ante autoridades, turoperadores, prensa especializada e profesionais do sector.
O vídeo principal desta nova estratexia de comunicación formará parte do acto de presentación da Mariña Lucense que terá lugar o xoves, 19 de xaneiro, ás 17:30 horas no stand de Turismo de Galicia. No evento intervirá o Presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, acompañado por representantes da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.
No acto o presidente da Mancomunidade fará fincapé “nos avances do Plan de Sostibilidade Turística na Mariña Lucense (2022-2024), enunciando os proxectos que se están abordando e que sen dúbida darán un novo pulo e...
leer más












