colonias felinas
O Concello de Xove convoca a todas as persoas que habitualmente alimentan gatos na rúa en Xove Pobo e Palmeiro a unha reunión informativa, coa finalidade de dar a coñecer a nova ordenanza municipal en materia de xestión de colonias felinas. Será este venres, día 10 de abril, ás 20:00 horas na Aula de Formación do Concello de Xove.
O Concello de Xove explica que “esta normativa foi elaborada conforme a Lei, 4/2017 de Protección e Benestar dos animais de Galicia, e ten como obxectivo garantir unha convivencia adecuada, así como o benestar dos animais e a correcta xestión das colonias felinas no municipio. Durante a reunión explicaranse os principais aspectos do programa, así como os requisitos e procedementos para a obtención do carné de
coidador/a de colonias felinas. Así mesmo infórmase de que unha vez celebrada esta reunión non...



