Guiado
O sábado 7 de febreiro ás 11:00 horas terá lugar unha nova edición do programa #DescubrindoONoroeste coa saída de #MondoñedoMonumental, organizada por Guía tu día e Guido Guía. Trátase dunha actividade divulgativa e aberta ao público “coa que seguir a descubrir o patrimonio, a historia e a identidade das vilas do noroeste peninsular, e nesta ocasión centraremos a nosa atención na cidade de Mondoñedo, acompañados pola guía oficial de Turismo de Galicia, Ana Pena”, explican os organizadores.
O percorrido guiado, de intensidade baixa é duns 2,5 kms de distancia, recorrerá os lugares máis emblemáticos de Mondoñedo Monumental, permitindo coñecer a súa rica historia, arquitectura e o seu legado cultural. O paseo ten unha duración estimada de 2 horas e media e é apto para persoas de todas as idades, así como mascotas benvidas durante toda a ruta...
leer másO vindeiro 1 de febreiro ás 11:00 horas terá lugar en Rinlo o primeiro paseo guiado do novo programa “Descubrindo o Noroeste”, unha iniciativa divulgativa de Guido Guía e outros 12 guías que pretende dar a coñecer o patrimonio, a historia e o modo de vida das localidades do noroeste peninsular a través de itinerarios abertos ao público.
A actividade estará guiada nesta ocasión por Ana Pena, guía oficial de Turismo de Galicia, e levará ás persoas participantes a descubrir a realidade mariñeira de Rinlo, unha vila costeira con forte identidade vinculada ao mar e á construción de cetarias. Ao longo do percorrido abordarase a súa evolución histórica, o aproveitamento do seu litoral, e a relación da comunidade co medio mariño.
O paseo, de 4 quilómetros de distancia e dificultade baixa, terá unha duración aproximada de...
leer másO vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, Guido Guía e Ana Pena guiarán a cuarta edición dos paseos guiados #RedescubrindoAlfoz, que comezaron no ano 2020 promovidos polo guía lugués e que ano a ano se consolidan como evento cultural para coñecer o territorio alfocego.
Será tamén unha gran ocasión de presentación do novo proxecto como autónoma de Ana Pena, guía local que ven de estrear "Guía tu día". Natural de Foz e residente en Alfoz, é unha apaixoada desta profesión, e busca amosar e poñer en valor todas as marabillas desta comarca. “Estou moi contenta de comezar este novo proxecto como autónoma chamado #GuíaTuDía, e gratamente sorprendida da acollida que estou tendo. Xa teño varias visitas programadas de cara aos próximos meses”, comentou.
As inscricións para esta actividade poden efectuarse a través do...
leer másDesde Turismo de Barreiros explican que “o percorrido audio guiado O Barreiros dos nosos antergos permitirache somerxerte na realidade da nosa historia máis recente e nos detalles do noso patrimonio. Trátase dunha homenaxe aos seus promotores que, con tanto agarimo, planificaron cada elemento decorativo e/ou funcional, moitos deles cun gran simbolismo”.
E engaden: “podes seguilo apoiándote nas funcionalidades do Google Maps. Preferiblemente en bicicleta. Atoparás o enlace na BIO ou na sección de Sendeirismo da web https://concellodebarreiros.gal Barreiros queda en ti”.
Mondoñedo celebra o Día de los Pueblos Máis Bonitos de España, que ten lugar mañá luns, día 1 de outubro, coa posta en marcha de audioguíasficcionadas. Así o adianta a alcaldesa da localidade, Elena Candia, quen explica que a entidade local vén de adquirir 30 MP4 e 30 cascos illantes para garantir a calidade do sistema e así escoitar as historias e os sons con total nitidez e sentirse totalmente inmerso na experiencia. O importe destes equipos foi duns 1.700 euros.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense encargou á Compañía Teatral Chévere o deseño e elaboración destes aparatos para as tres vilas porta de acceso á Mariña Lucense: Viveiro, Ribadeo e Mondoñedo.Trátase de dispositivos que desenvolven historias personalizadas e adaptadas a cada destino, realizadas tras un coidadoso proceso de documentación para identificar sucesos,...
leer más







