O 7 de febreiro Mondoñedo será escenario dun paseo guiado. Organizan: Guía tu Día e Guido Guía

O sábado 7 de febreiro ás 11:00 horas terá lugar unha nova edición do programa #DescubrindoONoroeste coa saída de #MondoñedoMonumental, organizada por Guía tu día e Guido Guía. Trátase dunha actividade divulgativa e aberta ao público “coa que seguir a descubrir o patrimonio, a historia e a identidade das vilas do noroeste peninsular, e nesta ocasión centraremos a nosa atención na cidade de Mondoñedo, acompañados pola guía oficial de Turismo de Galicia, Ana Pena”, explican os organizadores. 

O percorrido guiado, de intensidade baixa é duns 2,5 kms de distancia, recorrerá os lugares máis emblemáticos de Mondoñedo Monumental, permitindo coñecer a súa rica historia, arquitectura e o seu legado cultural. O paseo ten unha duración estimada de 2 horas e media e é apto para persoas de todas as idades, así como mascotas benvidas durante toda a ruta.

A saída está prevista desde o Santuario da Virxe dos Remedios e, como noutras ocasións, o obxectivo é achegar ao público o patrimonio cultural desta vila lucense e darlle valor a cada recuncho, historia e anécdota que compoñen o seu tecido urbano e social. 

O prezo será de 12 euros por persoa. Haberá desconto do 20% para menores de 18 anos e as nenas e nenos de 0 a 2 anos non pagarán. As persoas interesadas poden inscribirse en info@paseosguiados.com