Ribadeo celebra as festas do Carme os días 17 e 18 de xullo en Porcillán e inclúen un tributo ao grupo Mecano

Ribadeo celebrará as festas do Carme esta semana, venres 17 e sábado 18 de xullo, na zona portuaria de Porcillán. Entre os actos previstos destaca a actuación de Fábula, tributo ao mítico grupo Mecano.

As actividades comezarán o venres ás 22:30 horas con verbena amenizada polo grupo Pekados e o DJ Brais GZ.

E o sábado ás 13:45 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Fortuna. Ás 19:00 horas celebrarase misa solemne na igrexa da Atalaia. E despois, procesión coa imaxe da Virxe do Carme dende a Atalaia ata o porto de Porcillán, para realizar a procesión marítima. Irá acompañada pola agrupación musical Dambara-Santo Inocencio, de Burela, que fará un concerto durante a procesión marítima para a xente que non poida embarcar e de volta ó porto tocará a Salve Mariñeira. A procesión marítima irá acompañada polo cuarteto Illa Pancha, de Ribadeo. Ás 22:30 horas comezará a verbena coa orquestra Fortuna e o tributo a Mecano Fábula, que será ás 00:00 horas.