
A parroquia de Nois, no concello de Foz, celebrará as festas na honra á Virxe do Carme esta fin de semana, o sábado 2 e o domingo 3 de agosto.
As actividades comezarán o sábado ás 12:30 horas con misa solemne e despois procesión arredor da igrexa acompañada por un grupo de gaitas. A continuación, sesión vermú co grupo Montreal. Ás 20:00 horas haberá churrascada e ás 22:30 empezará a verbena amenizada polo grupo Montreal. E desde as 00:00 horas haberá Noite meiga con queimada e sorteo.
E o domingo ás 12:30 horas celebrarase misa solemne cantada polo coro e procesión ata o porto. Tamén haberá sesión vermú co grupo Lecer.