Nois, en Foz, celebra as festas do Carme do 31 de xullo ao 2 de agosto

A parroquia de Nois, no municipio de Foz, celebra as festas na honra á Virxe do Carme desde este venres, 31 de xullo, ata o domingo 2 de agosto.

As actividades comezarán o venres ás 15:00 cun torneo de fútbol 3x3 junior, sub-12 e sub-18. Desde ás 18:00 horas haberá festa infantil gratuíta con colchonetas, festa da escuma e DJ Puzzle Animación.

O Sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión arredor da Igrexa acompañada polo Coro de Nois. Desde ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo da orquestra Escaparate, que tamén actuará na verbena. E ás 00:00 horas, Noite Meiga con queimada gratis e sorteos.

E o domingo ás 13:00 horas celebrarase misa solemne acompañada do coro Mar Aberto e procesión ata o porto. E ás 14:30 horas comezará unha sesión vermú co grupo Fusión Latina.

Estes festexos están organizados pola Agrupación Deportiva San Xulián de Nois coa colaboración do Concello de Foz.