
A parroquia de San Martiño, no concello de Foz, celebrará as festas do Carme desde este venres, 18 de xullo, ata o domingo 20.
As actividades comezarán o venres as 20:30 horas cunha actuación de Batucada Kombarullo; ás 21:00 horas haberá pancetada e ás 22:30 horas empezará a verbena, que amenizarán o grupo Fénix e a orquestra New York.
O sábado celebrarase misa ás 13:30 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, co grupo JB SON, que tamén amenizará a verbena xunto ao Grupo Beatriz.
E o domingo celebrarase misa ás 13:30 horas e a continuación haberá procesión e sesión vermú co grupo Toxo Guayaba.