Alpuxarradas
O Concello de Viveiro comeza a súa programación de Entroido este sábado, 26 de febreiro, coa celebración das Alpuxarradas ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162, de luns a venres, ou no correo rbg.cultura@viveiro.es. Os participantes no certame, no caso de non poder manter a distancia interpersoal de seguridade establecida en 1´5 m., terán que levar a máscara posta ou ben un test de antíxenos ou PCR. O público asistente terá que estar sentado e coa máscara.
O martes, 1 de marzo, terá lugar o desfile ás 17:30 horas. O prazo de inscrición é ata o 27 de marzo no rexistro municipal ou na sede electrónica, xa que por motivos organizativos non se anotará o día do desfile. O uso da máscara será obrigatorio para os participantes e para o público...
leer másAs inscricións ao Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido ábrense este xoves
O Concello de Viveiro anuncia os detalles do programa do Entroido 2022, cuxos eventos comezarán o próximo xoves 24 de febreiro e rematarán o mércores 2 de marzo. O goberno local recupera así esta festa, tras a mellora epidemiolóxica, contando de novo co tradicional Concurso de Disfraces do Desfile de Entroido, cuxas inscricións abren este venres.
O programa de actividades retoma as Alpuxarradas e o enterro da sardiña, ademais de obradoiros e inchables para a infancia, un scape room e diferentes eventos con música en directo.
A programación comezará o xoves 24 co “Juepeo especial de comadres”, nos locais de hostalaría do Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. O sábado 26 será o momento da “Troula de...
leer más