Documental
04/05/2016
Este venres, 6 de maio, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro presentarase o documental "Cantando a Manuel María".
Trátase dun documental de Gonzalo E. Veloso construído a partir de conversas entre compañeiros e amigos do escritor homenaxeado este ano o Día das Letras Galegas.
O acto dará comezo ás 21:00 horas e a entrada é de balde.
28/04/2016
Este venres, 29 de abril, preséntase no Cine Teatro de Ribadeo o documental "Cantando a Manuel María", de Millo Filmes. Entre os participantes están Darío Xohán Cabana, Armando Requeixo, Lois Diéguez, Camilo Gómez Torres, Felipe Senén, Manuel López Foxo, Pilar García Negro, Alfonso Blanco Torrado, Miguel Anxo Fernán Vello, Paco Martín, Luz Pozo Garza, Mario Regueira ou Mini e Mero.
"Cantando a Manuel María" servirá ao público para entender ao autor, ao tempo que as imaxes da Terra Chá e a música evocan emocións, sentimentos e transmiten a forza da súa obra e vida.
Haberá dobre sesión en Ribadeo, a primeira será ás 11:30 horas para o alumnado do...
leer más 28/05/2015
A Asociación Cultural A Pomba do Arco quere convidar a toda aquela persoa que desexe coñecer mellor a nosa historia á proxección do documental titulado O Piloto, obra de Xosé Reigosa e guión de Afonso Eiré.
A proxección terá lugar este venres, 29 de maio, ás 20.30 no Cenima de Foz.
Xosé Reigosa Piñeiroa, nado en Barreiros no ano 1949, leva moito tempo traballando como fotógrafo, ten participado en máis de 50 exposicións, tanto colectivas como individuais, chegando incluso a ter exposto en Bos Aires e no Uruguai. Ademais da súa paixón pola fotografía ten traballado no mundo dos documentais, lembremos o seu traballo titulado A Chocolateira, que falaba daquel tren de Vilaodrid que traía mineral ata o cargadeiro de Ribadeo.
Este venres amosará en Foz o terceiro dos seus documentais, titulado O Piloto, no que se...
leer más 08/04/2015
A Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos acolleu esta mañá a presentación da xira que fará o documental sobre a vida de José Castro Veiga, O Piloto, durante os próximos meses por toda a provincia de Lugo. Este proxecto sobre a vida dun dos últimos membros do Exército Guerrilleiro Galego foi apadriñado pola Asociación Cultural Dous Punto Oito, dirixido polo fotógrafo Xosé Reigosa e guionizado polo xornalista chantadino Afonso Eiré. Reigosa participou hoxe na presentación xunto a Mario Outeiro, responsable de Cultura da Deputación de Lugo.
Outeiro explicou que “despois do éxito da estrea do documental ‘O Piloto’ na cidade de Lugo, a Área de Cultura promove 14 proxeccións do mesmo”, sinalou. Deste xeito, o documental ‘O Piloto...
leer más






