Ortegal
O GALP A Mariña-Ortegal pon en marcha un programa de formación e asesoramento en dixitalización que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño, e que vai dirixido a restaurantes, peixaría e pequeno comercio do territorio.
Consciente dos cambios nos hábitos de compra e consumo acelerados nos últimos meses a causa da pandemia, o GALP A Mariña- Ortegal quere apoiar a través da formación e asesoramento en dixitalización a comercios, hostalería e peixarías, e deste xeito ofrecerlles solucións e ferramentas dixitais útiles para os seus negocios.
A través de formato online e en dúas xornadas formativas, informarase aos participantes das diferentes ferramentas dixitais que existen no mercado e que poden ser útiles na xestión do establecemento, e amosaranse exemplos de negocios que son boa práctica na implantación de...
leer másOs promotores desta iniciativa explican que "galerna (RAG) é un vento moi forte de entre oeste e noreste que ocasiona fortes temporais na costa do Cantábrico”.
O 12 de xullo do 2021 cúmprense 60 anos dunha traxedia que asolou á comarca e moitos outros pobos mariñeiros do litoral cantábrico.
A frota boniteira metida de cheo en campaña, atopouse no medio dun temporal inesperado e dunha dureza extraordinaria e mortal. Ao longo de case tres días, barcos e homes loitaron por sobrevivir. Algúns conseguírono. Outros non.
Oitenta e tres homes perderon a vida e os que conseguiron volver gardan un recordo inesquecible daqueles días nos que houbo que agarrarse á vida por un pelo.
Este documental é unha pequena homenaxe a toda esa xente, familiares e veciñanza que dun xeito...
leer másA asociación Nordés organiza este sábado, 18 de xullo, unha actividade titulada Petiscos do Camiño dos Arrieiros co fin de recoñecer polo miúdo a vida actual e pasada do trazado e os seus arredores.
A xornada desenvolverase de 9:00 a 14:00 horas e percorrerá diferentes puntos de interese dunha parte do trazado do Camiño dos Arrieiros entre As Pontes e As Grañas do Sor, como son a praza da Igrexa das Pontes, o miradoiro de Garabatos, as fervenzas de Somede, o lugar do Freixo, o Forno dos Mouros e o Cristo de Mouraz. Participarán nesta xornada Xosé María López Fernández, técnico en xestión cultural de Cultureume SC; Antonio Martínez Pernas, técnico superior en Xestión e Organización dos Recursos Naturais; e Pepe Riola, investigador etnográfico das serras da Capelada e a Faladora.
A saída será ás 8:30 horas do...
leer másA Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza un vídeo faladoiro, titulado O que nos contan as rochas este sábado, 6 de xuño, ás 20:00 horas.
A conferencia será ofrecida por Belén Pérez Pérez, licenciada en Bioloxía e profesora desta especialidade e de Xeoloxía no IES María Sarmiento de Viveiro.
Este achegamento permitirá distinguir unhas rochas doutras, saber onde e como se formaron, e finalmente interpretar a historia xeolóxica do noso territorio. Nalgúns lugares, o relevo e as rochas que o forman, son uns dos elementos máis importantes na configuración da paisaxe. Así acontece en puntos como Cabo Ortegal ou Estaca de Bares, a praia das Catedrais ou de San Román, e en enclaves tan visitados como o Fuciño do Porco ou o Picón.
Pode seguirse este videofaladoiro por...
leer másA asociación Nordés Faladora organiza unha vídeo conferencia sobre arte rupestre. Será o 23 de maio.
A Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza unha vídeo conferencia titulada Memoria esquecida. A nosa arte rupestre, que se celebrará o sábado, 23 de maio, ás 19:00 horas.
A charla correrá a cargo de Luis Leclere, membro fundador do colectivo A Rula, asociación conformada para a procura da conservación e valoración social dos petróglifos prestando especial atención aos da comarca de Santiago.
A asociación Nordés salienta que os petróglifos do noroeste peninsular constitúen un dos focos de arte postpaleolítico europeos de maior interese. A pesares disto, na actualidade, a súa conservación está en grave risco. O abandono da explotación económica de boa parte dos nosos montes, os lumes periódicos ou a xeneralización do emprego de maquinaria pesada nas tarefas forestais son os principais...
leer másA segunda entrega dos Vídeo Faladoiros, que organiza Nordés para facer máis levadeiro este tempo de illamento, será o 25 de abril ás sete da tarde.
Desde a asociación Nordés explican que “nesta ocasión contaremos con Eliseo Fernández, experto na historia de Galicia, principalmente en temas referidos ao anarquismo, o antifranquismo e o movemento obreiro. Baixo o título de Mar aberto: fuxidas marítimas en Ferrol e Ortegal 1936-1939, vainos dar conta dalgunhas das moitas evasións por mar que se produciron nos anos da guerra civil e posguerra. Fugas nas que homes e mulleres contrarios ao bando franquista intentaban chegar á zona republicana ou a Francia a bordo de pequenas lanchas, bous ou barcos semellantes partindo de moitos sitios da costa galega; aínda que a exposición do noso convidado centrarase principalmente nas producidas dende Ares,...
leer másDesde Nordés Faladora sinalan: “Amigas e amigos de Nordés. Co obxectivo de que o illamento se nos faga a todas e todos máis levadeiro vimos presentarvos unha nova proposta que agardamos sexa do voso interese, pois a continuidade da mesma vai depender precisamente do seguimento que teña, de tal xeito que, se vai ben a cousa, a unha primeira seguirá unha segunda, e a esta unha terceira...etc, etc”.
Trátase dos Videofaladoiros de Nordés. “Unha iniciativa en forma de relatorios de curta duración feitos e transmitidos en directo pola aplicación “jitsi meet”, unha das máis sinxelas de empregar de todas as ofertadas, polo que non hai escusa para deixar pasar a oportunidade de conectarse o sábado 18 de abril ás 19:00 horas para escoitar a charla deXosé Lois González, titulada Os mouros na toponimia do Ortegal e A Mariña”, engaden desde Nordés....
leer másA Asociación de Desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza o 25 de xaneiro unha xornada sobre Os Muíños de Ortegal. A súa tipoloxía e historia.
O profesor da UNED e investigador da Universidade de Santiago Xosé María Leal será o guía dun roteiro que suporá a inmersión nun pasado non tan lonxano, no que a meirande parte das leiras estaban dedicadas, entre outros cultivos, ao millo e a moenda era esencial para as familias. Coñeceranse os tipos de muíños, como funcionaban e porque entraron a formar parte da bagaxe cultural da comarca.
A xornada comezará ás 10:00 horas, en O Barqueiro, desde onde sairán os participantes nas visitas que se desenvolverán ao longo de toda a mañá. Ás 14:00 horas, haberá un xantar en Casa Guiz de Cuíña, no concello de Ortigueira. Ás 18:00 horas rematará o roteiro.
... leer másAta o próximo 3 de outubro o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º Bacharelato dos concellos que abranxe o GALP A Mariña-Ortegal (Valdoviño, Cedeira, Cariño, Ortigueira, Mañón, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Ribadeo) pode presentar proxectos audiovisuais enfocados á realización dunha curtametraxe.
Trátase do programa pedagóxico Vidas Mariñeiras, convocado polo Grupo de Acción Local Pesqueira A Mariña-Ortegal no marco das actividades que organiza a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) co obxectivo de dinamizar e poñer en valor o litoral da súa área.
Vidas Mariñeiras contempla a selección, titorización e desenvolvemento de proxectos cinematográficos a cargo de profesionais do audiovisual nun programa formativo dunhas 50 horas, repartidas en varias sesións ao longo dos meses de...
leer más