Correlingua
O Concello de Burela acollerá unha nova edición do Correlingua, un evento que se celebra cada ano en varios concellos galegos para reivindicar a lingua galega coa participación da rapazada dos centros educativos.
O Correlingua 2024 en Burela comezará ás 10:20 do mércores 29 de maio na praza da Mariña. Ás 10:45 sairá a marcha co alumnado de primaria e secundaria, que percorrerá a vila ata volver de novo á mesma praza.
Para dar a saída da andaina, nomearase aos diferentes centros de ensino que participarán na mesma. A faixa desta edición será portada por alumnado dos centros de Burela, que encabezarán a marcha.
O concelleiro de Mocidade e Educación, Mario Pillado, sinala que para o Concello de Burela "é unha honra recibir unha iniciativa tan bonita coma o Correlingua”.
... leer másO Correlingua volverá ser en 2022 unha das grandes actividades arredor da lingua nos centros educativos galegos. Máis de vinte festas entre este próximo maio e o vindeiro outono dinamizarán o uso da lingua en distintos centros educativos galego, levando ata eles concertos, obradoiros, regueifas e outras actividades arredor da lingua.
Esta nova edición do programa, organizado pola Asociación Correlingua, a Mesa pola Normalización Linguística e a Asociación SocioPedagóxica Galega, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e das outras tres institucións provinciais, presentouse esta mañá no Pazo de San Marcos e comezará a súa actividade nos colexios nos primeiros días de maio.
Como explicou na presentación Xesús Bermello, presidente da AC Correlingua, "aínda que xa estamos quitando as mascarillas e...
leer más